丘陵要塞

Castro de Donramiro

Lalín · Pontevedra

Castro de Donramiro

O Castro de Donramiro é un castro situado na parroquia de Donramiro, no concello pontevedrés de Lalín, preto da vila homónima. == Descrición == Situado a 590 msnm, está formado por tres recintos: dous antecastros e unha croa ou ourela. Esta última ten forma ovalada e delimítaa un terraplén polo lado oeste. Polo lado leste atópanse os dous antecastros, tamén delimitados por senllos terrapléns. Na actualidade, atópanse instaladas na croa antenas de radio e telefonía, mentres que os antecastros foron vítimas de rebaixes de terra para acondicionar leiras ou soares para a construción. == Véxase tamén == === Bibliografía === Presas García, Antonio e García Porral, Xoan Carlos (2014): O Mundo dos Castros: A Comarca de Deza. Faro de Vigo, 131 páxs. ISBN 978-84-616-7983-6.

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近