丘陵要塞

Castro de Riotorto

A Laracha · A Coruña

O castro de Riotorto, tamén chamado Os Castros ou o Petón do Castro, era un castro situado na parroquia de Cabovilaño, no concello coruñés da Laracha. == Morfoloxía == O sitio arqueolóxico foi destruído polos movementos de terras derivados das obras de construción da autovía AG-55, entre A Coruña e Carballo. Consérvase só unha pequena parte do recinto, pero non é accesible. Constaba dun único recinto fortificado de forma ovalada protexido por un terraplén de 5 metros de altura. A croa estaba protexida polo leste por un pequeno antecastro rodeado por un parapeto de metro e medio de altura exterior. As dimensións do conxunto eran de 52 metros no eixo norte-sur e 75 no leste-oeste. == Arqueoloxía == Foi escavado por un equipo de arqueólogos dirixido por Purificación Soto Arias en 1992, con motivo das obras da autovía. == Véxase tamén == === Outros artigos === Castro Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña === Ligazóns externas === Catálogo de elementos a protexer ou a recuperar[Ligazón morta]. Revisión do PXOM de Abegondo. Outubro 2010

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近