城堡
Torre de Cillobre
Torás · A Laracha · A Coruña
照片: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗
Torás, A Laracha的中世纪建筑, 海拔约 192 米, 距A Laracha 584 m.
A torre de Cillobre, tamén coñecida como As Torres de Cillobre, é unha fortaleza medieval situada no lugar das Torres de Cillobre, na parroquia de Torás, preto da vila da Laracha. Atópase en ruínas.
Historia
Acredítase que os seus primitivos propietarios foron a familia dos Andeiro, pois a súa pedra de armas amosa unha torre de pedra en campo de goles. Esta familia é orixinaria das terras de Bergantiños e espallouse por toda Galiza, pasando unha das súas ramas ao Reino de Portugal na época de Pedro I de Portugal. João Fernandes Andeiro, ao servizo deste soberano, recibiu en recompensa o señorío de varias vilas e o condado de Ourém. De Dona Constanza das Mariñas, esposa de Fernán Pérez Parragués, o castelo foi herdado polo seu fillo, Gómez Pérez das Mariñas. En 1958 o inmoble foi alienado para a construción dunha ponte, o que causou a desaparición da maior parte do que se conservaba da súa estrutura, especialmente o portón de armas, as torres e a muralla envolvente. Entre o pouco que se conserva, destaca a capela de Santo Antón cuxa fachada, de estilo románico, integrante do conxunto defensivo orixinal, está restaurada.
Características
A edificación nun principio debeu ser construída coma estrutura de carácter eminentemente defensivo, pero co paso dos séculos transformouse nun pazo señorial, conservando algúns dos antigos elementos defensivos, como varios corpos de torres, de planta rectangular, moi rebaixados da súa altura orixinal.
Outros artigos
Castelos de Galicia
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 要塞
现状 En ruínas
保护级别 Elemento da Lista Vermella do Patrimonio
该点海拔 ≈ 192 m · Terrain Tiles
最近城镇 A Laracha,584 m
全市人口 11,773 (2025) · IGE
乘巴士前往
- CILLOBRE-FOFELLE102 米外Laracha-Freon · Laracha-Rañeiras - Marxe Contrario · Laracha-Freon
- CILLOBRE396 米外Laracha-Rio
- Fofelle436 米外Teatro Colón-Carballo E.A. · CORUÑA E.A.-MEICENDE-POLÍGONO DE SABÓN-CARBALLO E.A. · Teatro Colón-Laracha · CORUÑA E.A.-LARACHA · Laracha-Ramallal · CORUÑA E.A.-MEICENDE-CARBALLO E.A.
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

