主教座堂
Colexiata de Santa María de Sar
Santiago de Compostela · A Coruña
照片: Javier Pais · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Sar, Santiago de Compostela的宗教建筑, 海拔约 209 米, 距Caminho da Geira e dos Arrieiros 99 m.
A colexiata de Santa María a Real do Sar é un templo románico con casa de cóengos anexa fundado como mosteiro da regra de Santo Agostiño a carón do río Sar, en Santiago de Compostela.
Historia
Foi fundado por Munio Afonso, bispo dimisionario da diocese de Mondoñedo e antigo colaborador de Diego Xelmírez, quen rematou a obra trala morte de Munio en 1136. A construción comezou pola cabeceira, ao mesmo tempo que se traballaba tamén nos muros do perímetro. Porén, o proceso foi lento e complexo e precisou de importantes modificacións e reconstrucións nos séculos XVI, XVIII e XX. A función do cenobio era a de servir de lugar no que os vellos cóengos puidesen retirarse, e para iso concedíanselle xenerosos privilexios e doazóns que fixeron que a institución funcionase ata o século XVII. A partir de entón comezou un lento proceso de declive ata transformarse en templo parroquial no ano 1867.
Descrición
O trazo máis sobranceiro deste edificio e o que o fai singular entre todos os de Galicia é a fortuíta e pronunciada inclinación dos seus muros e piares. Paralelo ao muro sur do templo consérvase parte dun dos lados do claustro medieval, destacado exemplo do románico compostelán de tempos do arcebispo Xoán Arias. Na igrexa e no claustro consérvase unha importante colección de sarcófagos, dos que o máis antigo é o do arcebispo Bernardo, que, retirado en Sar, morreu no ano 1240. No interior do templo atópase o Museo de Arte Sacra de Santa María a Real de Sar, con pezas que amosan a vida desta comunidade monástica ao longo dos séculos.
Galería de imaxes
Outros artigos
Mosteiros e conventos de Galicia
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Colexiata · Monumento
风格 Arte románica
供奉 Santa María
所属 Camiño de Santiago francés na provincia da Coruña
墙体 石
保护级别 Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade · Ben de Interese Cultural
登录编号 RI-51-0000071
该点海拔 ≈ 209 m · Terrain Tiles
最近城镇 Santiago de Compostela,1.2 km
圣雅各之路 Caminho da Geira e dos Arrieiros,99 m
全市人口 100,842 (2025) · IGE
如何前往
无障碍通道 有限
乘巴士前往
- IES DO SAR226 米外As Hortas-Santiago E.I. · As Hortas-Santiago E.I. · Merés (cruzamento)-Santiago E.I. · Merés (cruzamento)-Santiago E.I. · Touro-Cimadevila-Santiago E.I. · Touro-CIMADEVILA-SANTIAGO E.I.
- Picaños (cruzamento)421 米外As Hortas-Santiago E.I. · Merés (cruzamento)-Santiago E.I. · Touro-Cimadevila-Santiago E.I. · O Forte-Fontiñas (CPI Fontiñas)
- Picaños (cruzamento)440 米外As Hortas-Santiago E.I. · Merés (cruzamento)-Santiago E.I. · Touro-CIMADEVILA-SANTIAGO E.I. · Turces-Codeso-Santiago E.I. · O Forte-Fontiñas (CPI Fontiñas)
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。