僧院
Convento de San Francisco do Val de Deus
Santiago de Compostela · A Coruña
照片: Diego Delso · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Santiago de Compostela的宗教建筑, 海拔约 250 米, 距Camiño Inglés 191 m.
San Francisco de Val de Deus é un convento franciscano fundado a comezos do século XIII en Santiago de Compostela, declarado monumento histórico artístico. Está situado no casco vello da cidade, no lugar coñecido como o Val de Deus.
Historia
Di a lenda que San Francisco de Asís, en peregrinación a Compostela en 1214, hospedouse cun carboeiro chamado Cotolai na súa choza do Monte Pedroso. Encomendoulle a este construír un mosteiro pero cando lle replicou que non tiña recursos, mostroulle un tesouro preto da ermida de San Paio do Monte que lle permitiría levar a cabo a obra. Val de Deus era un terreo propiedade do mosteiro beneditino de San Martiño Pinario, que o cedeu en troques dunha cesta de peixe anual, que se seguiu entregando até fins do século XVIII. O convento primitivo veuse abaixo a comezos do XVIII e non fican del máis que cinco arcos apuntados que se conservan no claustro principal e o sepulcro de Cotolai. Estes arcos estaban na sala capitular, na que Carlos V celebrou cortes en 1520. A reconstrución, que implicaba cambiar a orientación da súa igrexa) encetouse en 1742, e non foi sen problemas, xa que os veciños (especialmente os monxes de San Martiño) queixábanse da magnitude da obra, que lles restaba luz e ventilación e, a máis, ocuparía terras pertencentes aos de San Martiño. A disputa saldouse rebaixando a altura da igrexa franciscana.
Descrición
A renovación da fábrica medieval iniciouse co arcebispo Maximiliano.
A igrexa
As obras do novo templo seguiron as trazas dadas por Simón Rodríguez, pese a que a lentitude das obras fai que a participación doutros mestres inclúan algún cambio substancial. A planta da igrexa corresponde o tipo "xesuítico", en forma de rectángulo no que se inscribe unha cruz latina.
A fachada
A fachada da igrexa, deseñada (en estilo barroco) no XVIII por Simón Rodríguez, imponse no contorno polo seu tamaño. Foi executada por Frei Manuel Caeiro, non estando rematada aínda no 1770, feito que fai que responda a dous conceptos diferenciables na decoración reducida a parte inferior da mesma, cambiando drasticamente por riba da altura do taboado que cambia de forma perceptible adaptándose aos principios neoclásicos A parte inferior é barroca e a superior neoclásica e consta de tres corpos e tres rúas. Na central destacan catro columnas dóricas que flanquean unha imaxe de San Francisco (obra de Xosé Ferreiro). O segundo corpo está dominado por un enorme ventanal flanqueado por columnas xónicas, sobre as que se apoia un frontón triangular. As rúas laterais soportan os dous campanarios.
O adro
O adro atópase varios metros por debaixo do nivel da rúa nun extremo, e diante del, a res desta, érguese un monumento a San Francisco realizado por Francisco Asorey en 1926.
Interior do templo
O interior do templo é tamén sobrio, se ben monumental. A planta é de cruz latina con tres naves. A central, de cinco tramos, e o cruceiro cuberto por unha bóveda de canón con cúpula de media laranxa nos pendentes, modificacións de Frei Manuel Caeiro. Na decoración do interior do templo apréciase a pegada de Simón Rodríguez coa decoración de placas e cilindros. Aos lados das naves e aos do presbiterio sitúanse capelas intercomunicadas sobre as que descorre unha tribuna. A sancristía trala capela maior ten a mesma anchura co templo.
Imaxinería
Ás naves laterais ábrense quince retablos, a maioría realizados por frei José Rodríguez, o mesmo que o retablo central. Este último consta de tres corpos. No inferior, Domingos de Guzmán, fundador da Orde dos Predicadores, e Boaventura de Bagnoregio, primeiro cardeal da Orde Franciscana, acompañan unha imaxe da Virxe. No segundo, unha talla de San Francisco, obra de Xosé Ferreiro Suárez ten a seu carón un escudo da Orde de San Francisco e outro coa Cruz da Terra Santa e as Cinco Chagas do santo. No corpo superior hai outra talla de Santa Clara e no centro un libro aberto.
Os claustros
Foi coas obras do claustro principal coas que se iniciaron as tarefas de reedificación, que se realizaron con gran rapidez.…
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Monumento · Convento franciscano
风格 Arquitectura barroca · Arquitectura neoclásica
供奉 Francisco de Asís
所属 Camiño de Santiago francés na provincia da Coruña
保护级别 Ben de Interese Cultural · Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
该点海拔 ≈ 250 m · Terrain Tiles
最近城镇 Santiago de Compostela,359 m
圣雅各之路 Camiño Inglés,191 m
全市人口 100,842 (2025) · IGE
乘巴士前往
- Avda. de Xoán XXIII452 米外Carballo E.A.-Santiago E.I. · BAIO-SANTIAGO E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · CAMARIÑAS-SANTIAGO E.I. · Carballo E.A.-Santiago (por San Caetano) · VIMIANZO-SANTIAGO E.I.
- Avda. de Xoán XXIII456 米外Carballo E.A.-Santiago E.I. · Baio-Santiago E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · O Foxo-Santiago E.I. · Camariñas-Santiago E.I. · Vimianzo-Santiago E.I.
- Rúa Nova679 米外A Graña-Rúa Nova (noitebus) · A Graña-Rúa Nova (noitebus)
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。