博物館
Colexio da Nosa Señora da Antiga
Monforte de Lemos · Lugo · 1590
照片: farrangallo · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Monforte de Lemos的建筑, 海拔约 293 米, 距Camiño de Inverno 397 m.
O colexio da Nosa Señora da Antiga, tamén coñecido como os Escolapios, é un edificio de estilo herreriano construído a finais do século XVI na vila de Monforte de Lemos, na Ribeira Sacra. É coñecido a miúdo como o Escorial galego, por ser unha das poucas manifestacións deste estilo nesta comunidade, caracterizado pola regularidade das súas formas e a sobriedade nos detalles.
Historia
As obras do colexio de Nosa Señora da Antiga comezaron no ano 1593, baixo o patrocinio da figura do cardeal Rodrigo de Castro, considerado por moitos o último gran príncipe eclesiástico do Renacemento, arcebispo de Sevilla e gran benfeitor de Monforte, ademais de mecenas e personaxe impoñente. A intención de Rodrigo de Castro era que a institución, rexentada pola Compañía de Xesús, servira para a educación da bisbarra e de toda Galicia. Cara ao ano 1598 o escultor Gregorio Español foi contratado para traballar nas obras do colexio. Orixinalmente foi rexentado polos xesuítas, mais logo de que Carlos III ordenara a expulsión da orde de todos os territorios do Imperio Español, estes tiveron que abandonar a rexencia en 1767, e mesmo borrou todo símbolo existente que recordase a súa estancia no país, extremo que se pode constatar observando o espazo en branco que deixou o seu escudo tras ser retirado do retablo de Francisco de Moure. O colexio foi Real Seminario de Estudos ata o ano 1773 e xermolo da universidade, ostentando ata sete cátedras nun momento no que esta non estaba aínda implantada na provincia. Dende 1777 é propiedade dos duques de Alba, e dende 1873 é rexentado polos pais escolapios. Con todo, durante a segunda república española a lei prohibiu que as congregacións relixiosas levaran a cabo actividades educativas, polo que pasou a ser rexentado pola chamada Sociedad Anónima de Enseñanza Libre (SADEL). Precisamente a SADEL fora creada para eludir a lei, sendo o corpo docente en realidade sacerdotes. Co inicio da guerra civil española a orde dos escolapios recuperou o control do colexio, que foi tamén empregado como hospital militar durante a contenda, comezando a cumprir esta nova función acollendo aos feridos da fronte de Somosierra. Ao finalizar a guerra o centro seguiu a funcionar con normalidade.
Descrición
A partir de 1590 introdúcese en Galicia o coñecido como estilo herreriano, escola valisoletana liderada polo arquitecto Herrera que difundiron unha visión particular do estilo clásico romano. A obra clave desta corrente renacentista en Galicia é este colexio do Cardeal, do cal foron os seus autores os mestres arquitectos xesuítas Andrés Ruiz, Juan de Tolosa e Juan Bustamante, e coa intervención de Juan de Nates e Simón de Monasterio. Entre eles destacaron Tolosa e Nates, senlleiros discípulos de Herrera O padre Andrés Ruiz foi o primeiro arquitecto da obra. Del só se sabe que fixo as trazas, que foron presentadas en 1592 para poxa-las contratas. Ao ano seguinte o substitúe Juan de Tolosa, ao que hai que atribuírlle o proxecto do templo, figura esencial do conxunto. Para esta obra Juan de Tolosa cortou os patróns de cantaría e realizou os modelos dos elementos clásicos, segundo consta en documentos contemporáneos, correndo a realización material da construción aos mestres Diego de Isla, Juan de Cajigas ou Juan e Pedro de Sierra. Coa igrexa no eixo de dous patios simétricos preséntase cunha fachada única para templo e edificio. Esta coa fachada da igrexa no medio ordénase en dous corpos superpostos. O corpo baixo é almofadado cunha composición decorativa en orde dórica de forte influencia italiana. No corpo superior coas súas pilastras xónicas ten unha orixe herreriana inequívoca. Quizais isto se debese á participación de dous mestres, Tolosa ou Bustamante na baixa e Nates na superior. Por último o remate superior exterior cunha galería afástase do estilo escurialense para achegarse a unha solución moi no estilo de Rodrigo Gil de Hontañón. === A igrexa ===…
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Museo · Edificio escolar
现用途 Escola piarista · Escola xesuíta
该点海拔 ≈ 293 m · Terrain Tiles
最近城镇 Monforte de Lemos,800 m
圣雅各之路 Camiño de Inverno,397 m
全市人口 18,989 (2025) · IGE
如何前往
地址 P.P. Escolapios. Campo da Compañía, 50
乘巴士前往
- Monforte de Lemos (bar Fión)229 米外IES Río Cabe-Distriz · IES Río Cabe-Distriz
- COMPAÑÍA (DÁRSENA)274 米外IES Río Cabe-Guntín · IES Río Cabe-Guntín
- Avda. de Galicia280 米外CEE Infanta Elena-Rúa Benito Vicetto 71 · CEE Infanta Elena-Rúa Benito Vicetto 71
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

