僧院

Mosteiro de San Vicente do Pino

Monforte de Lemos · Lugo

Mosteiro de San Vicente do Pino, 僧院 en Monforte de Lemos

照片: I, Barfly2001 · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Monforte de Lemos的宗教建筑, 海拔约 346 米, 距Camiño de Inverno 258 m.

O mosteiro de San Vicente do Pino é un conxunto monumental situado en Monforte de Lemos, flanqueado polos restos do castelo, do que se conserva parte da muralla e mailos cubos defensivos, a torre da homenaxe, dende a cal se pode contemplar todo o Val de Lemos, e os restos do palacio dos condes de Lemos, edificio perdido en gran parte nun devastador incendio a principios do século. O mosteiro e mailos restos do palacio constitúen actualmente o Parador Nacional de Monforte de Lemos.

Descrición e historia

Trátase da máis probable localización do primitivo Castro Dactonio, asentamento da tribo céltica dos Lemavos. Plinio o Vello escribiu: «Dactonium, quod dicitur "Pinus"»; aínda que a localización do castro Dactonio foi disputada en numerosas ocasións, San Vicente do Pino foi á que se lle outorgou unha meirande credibilidade, tanto polo característico da súa orografía, propicia a usos defensivos, como pola toponimia do lugar ("pino") citada por Plinio, a fonte escrita máis antiga que se coñece. Aínda que as orixes do mosteiro en si remontan ao século X, a edificación actual iníciase no século XVI. A praza do edificio conventual é neoclásica, tanto a súa fachada como o claustro. A igrexa monacal ten a súa portada renacentista, mentres que o interior se enmarca no gótico de transición, cuberta de bóvedas estreladas sobre arcos agudos. Un órgano barroco, calado dende hai décadas, atópase nun lateral do coro. No recargado altar maior destaca unha interesante pintura alegórica que representa a tortura de San Vicente. No cenobio consérvase unha singular imaxe de santa Ana coa Virxe María e o Neno, así como un interesante baixorrelevo románico, entre outras pezas de relevancia artística. Xunto da pía bautismal, á dereita da porta de acceso, encóntrase un sepulcro de pedra, correspondente ó abade Diego García, no que se observa unha inscrición en latín, e deteriorado por diversas fendas ennegrecidas polo uso de lume co ánimo de olla-los restos que encerra, relacionados coa popular lenda da coroa de fogo. Así mesmo, diversas partes da igrexa encóntranse moi deterioradas, entre elas as valiosas pinturas murais e algunhas vidreiras; presentouse á Xunta de Galicia un plan de restauración coa intención de recupera-lo seu patrimonio artístico.

Galería de imaxes

Outros artigos

Mosteiro Mosteiros e conventos de Galicia Castelo de Monforte de Lemos

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 Mosteiro · Parador de turismo

管理者 Parador de Turismo

保护级别 Ben de Interese Cultural

该点海拔 ≈ 346 m · Terrain Tiles

最近城镇 Monforte de Lemos,48 m

圣雅各之路 Camiño de Inverno,258 m

全市人口 18,989 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近