修道院
Convento da Nosa Señora da Purificación de Vilavella
Redondela · Pontevedra
照片: Tommyhilfiger · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Redondela的宗教建筑, 海拔约 10 米, 距Caminho Português de Santiago 59 m.
O convento da Nosa Señora da Purificación de Vilavella é unha construción relixiosa do século XVI situada na vila de Redondela. Ademais do propio convento ten a igrexa anexa e un cruceiro. Sitúanse na entrada sur do casco urbano da cidade, a carón da N-550 procedente do Porriño.
Historia
O convento comezouse a construír no ano 1501 sobre a antiga igrexa parroquial de Santiago de Vilavella. Rematouse en 1554, da man do arcediago de Cerveira e, anteriormente, párroco de Vilavella, García Prego de Montaos. No ano 1864 a igrexa sufriu un incendio no que se perdeu a parte do coro onde se atopaba o órgano. A fonte de ingresos do convento residía no cobro dos foros polo arrendamento de terreos aos campesiños da vila. Malia todo, os pagamentos adoitábanse facer en millo, patacas, galiñas ou viño, en troques de cartos. Outra forma de obter ingresos foi a repostería, sendo aínda hoxe célebres na vila os cabelos de anxo, toronxa ou noces. En 1603 o concello de Pontevedra encargou á superiora Inés Avalle Mariño uns doces para agasallar ao arcebispo de Santiago Maximiliano de Austria, de visita nesa cidade. En 1867 representaron a España cos seus doces na Exposición Universal de París. A orde de relixiosas Xustinianas abandonou o convento no ano 1931, e cinco anos máis tarde, en 1936, acordouse ceder o conxunto arquitectónico ao Estado. Porén, xamais chegou a producirse o traspaso por mor do inicio da guerra civil española. En 1942 mercouno o industrial conserveiro José Otero González, invertendo nel moito diñeiro co propósito de que pasase novamente á Orde Xustiniana, da que era agregado espiritual, para que establecese un colexio para Redondela. Até o ano 2003 o convento permaneceu baleiro. Foi nese ano cando comezou a funcionar como restaurante e salón de vodas.
Outros artigos
Mosteiros e conventos de Galicia
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Convento
供奉 Nosa Señora da Purificación
现用途 Convento · Restaurante
别名 Convento da Nosa Señora da Purificación de Vilavella
该点海拔 ≈ 10 m · Terrain Tiles
最近城镇 Redondela,668 m
圣雅各之路 Caminho Português de Santiago,59 m
全市人口 28,928 (2025) · IGE
如何前往
地址 Praza de Ponteareas 9, 36800, Redondela
乘巴士前往
- Redondela (Fenosa)217 米外Redondela (A Farola)-N-550-Rúa Areal · Pontevedra-Redondela-Vigo · Redondela (A Farola)-N-550-Vigo(Areal)-Vigo (Bouzas) · Muxica-PSA Citroen · Antas I (O Ramallal)-Vigo E.I. · Caño Sifón (Verducido)-Fornelos de Montes-Redondela-Vigo-Hospital Álvaro Cunqueiro
- Redondela (Fenosa)238 米外Avda. Ernestina Otero 24-N-550-Rúa Areal · Pontevedra-Redondela-Vigo · Avda. Ernestina Otero 24-N-550-Vigo(Areal)-Bouzas · Muxica-PSA Citroen · Avda. Ernestina Otero 24-N-550-Vigo(Areal)-Vigo (Bouzas)-Hospital Álvaro Cunqueiro · Antas I (O Ramallal)-Vigo E.I.
- Redondela401 米外Amoedo-Redondela · Redondela-Pazos de Borbén · Redondela-Raíns
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。