耶稣受难

Cruceiro de Mañufe

Gondomar · Pontevedra

Cruceiro de Mañufe

O cruceiro de Mañufe, coñecido tamén como cruceiro do Acordo, é un monumento relixioso acompañado dun peto de ánimas policromado e unha alegoría do pecado orixinal representada por unha serpe que gabea polo fuste. Non hai data acreditada da súa construción, pero sábese que entre os séculos XVI e XVIII ao pé deste monumento relixioso tiveron lugar as reunións do Partido do Miñor integrante da antiga provincia de Tui, durante o Antigo Réxime. A peza tivo varias reconstrucións, a última en 2017, quedando da orixinal só a base e parte do peto de ánimas. Trátase dun ben de interese patrimonial protexido polo Decreto 48/1999 do 18 de febreiro da Xunta de Galicia

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近