高架谷仓(hórreo)
Hórrea do Toural
Vilaboa · Pontevedra
照片: Estevoaei · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Vilaboa, Pontevedra的高架谷仓(hórreo), 海拔约 39 米, 距Camiño Portugués pola Costa - Moaña no Camiño 979 m.
O hórreo da casa reitoral da parroquia de Vilaboa, situado no lugar do Toural, é o meirande hórreo do concello de Vilaboa (seguido de preto pola paneira de Cobres) e, asemade, é a segunda “hórrea” de cantería sobre esteos de maior tamaño de toda Galicia logo da do mosteiro de San Xoán de Poio. Áchase dentro dun exclusivo grupo de hórreos alongados e moi anchos de ampla coxía sustentados por tríos de pés, cepas transversais ou celeiros denominados “hórreas”. Tipoloxicamente trátase dunha construción de pedra similar ao clásico hórreo tipo Morrazo.
Descrición
Data do século XVIII e posúe 36 pés organizados en tres fileiras de 12 pés, 33 vans, un corpo feito exclusivamente con pedra, unha única porta de acceso no lado oeste con frontispicio ou pinche do penal, que a diferencia doutros edificios similares, e mais unha cuberta a dúas augas de tellas árabes cerámicas soportada por seis rexas tesoiras de castiñeiro. Os esteos están rematados en tornarratos troncocónicos, o piso da cámara aparece composto por longos perpiaños, todo o perímetro da mesma áchase embelecido cunha cornixa superior de granito, e os pinchóns das fachadas están aireados por tres postes biselados lixeiramente separados, tal e como fan as pedras caladas que ventilan os costados. Ten 17,3 metros de longura, 3,4 de anchura, 4 de altura (2 na cámara) e 58,82 metros cadrados de superficie. Na fachada norte destacan dúas faces riseiras. En decembro do 2012, logo dun forte trebón, as podres trabes da fachada sur cederon, levando consigo o teito da metade do hórreo, tirando varias pilastras da parede leste e movendo as pezas de cantería da cámara. O Concello de Vilaboa contactou coa arquidiocese de Santiago de Compostela, e en 2014 comezaron as obras de restauración.
Galería de imaxes
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Hórreo
屋顶 双坡顶 · 架于石柱之上
该点海拔 ≈ 39 m · Terrain Tiles
最近城镇 A Calle,3.2 km
圣雅各之路 Camiño Portugués pola Costa - Moaña no Camiño,979 m
全市人口 5,860 (2025) · IGE
乘巴士前往
- O Toural205 米外Pontevedra E.A.-Cangas de Morrazo E.A. (por Vilaboa) · CPI do Toural-Cacheiro (capela) · Pontevedra E.A.-Rúa Ramón Cabanillas · IES Soutomaior-Santradán · CPI do Toural-Cacheiro (capela) · IES Soutomaior-Santradán
- O Toural225 米外Pontevedra E.A.-Cangas de Morrazo E.A. (por Vilaboa) · Pontevedra E.A.-Rúa Ramón Cabanillas
- CPI do Toural401 米外CPI do Toural-Cacheiro (capela) · CPI do Toural-Cacheiro (capela)
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。
