教堂
Igrexa de San Pedro de Viveiro
San Pedro de Viveiro · Viveiro · Lugo
照片: Jose Luis Cernadas Iglesias from Coruña, España · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
San Pedro de Viveiro, Viveiro的宗教建筑, 海拔约 16 米, 距Viveiro 4.2 km.
A Igrexa de San Pedro de Viveiro é un templo de culto católico situado na parroquia de San Pedro de Viveiro (concello de Viveiro) na provincia de Lugo. De estilo románico, dende o ano 1974 está considerada coma Ben de Interese Cultural, dentro do catálogo de monumentos do patrimonio histórico de España.
Historia
O actual templo data de finais do século XII. Porén, a súa orixe remóntase até o século VI, como o pon de manifesto unha epígrafe situada nun perpiaño exterior no que se fai mención a unha restauración do século X. É a máis antiga da zona. Foi posteriormente ampliada e reformada nos séculos XII e XVII. Ademais do seu interese arquitectónico, no seu interior gárdase unha importante escolma de tallas.
Características
Presenta un estilo románico de gran pureza, fabricada en cantaría e cachotaría de granito, con parte dos seus muros caleados A cuberta é de lousa, a dúas augas. Consta de nave principal e lateral separadas por arcos de medio punto. Salienta a ábsida semicircular. Na fachada, a porta principal arránxase cun arco de medio punto sen enfente ningún, con espadana de dobre corpo e dous vans. Porta lateral románica, tapiada. No beirado salientan os antigos canzorros con diversas formas, especialmente os da ábsida. Existen varias inscricións nos muros exteriores. No interior atopamos un arco triunfal, bóveda de canón en nave, retablo maior neoclásico e lateral barroco, con tallas de interese e varias pezas antigas.
Galería de imaxes
Outros artigos
Arquitectura románica en Galicia Igrexa de San Francisco de Viveiro Igrexa de Santa María do Campo de Viveiro
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 教堂 · Monumento
风格 Arquitectura románica
供奉 Pedro
保护级别 Ben de Interese Cultural
该点海拔 ≈ 16 m · Terrain Tiles
最近城镇 Viveiro,4.2 km
全市人口 15,091 (2025) · IGE
乘巴士前往
- ESCOLA (SAN PEDRO)108 米外Valcarría (igrexa)-Viveiro E.A. · Viveiro E.A.-A Rúa Nova · Galdo (igrexa)-Valcarría (igrexa) · Viveiro E.A.-Valcarría (igrexa)
- San Pedro (escola)108 米外Viveiro E.A.-Valcarría (igrexa) · Viveiro E.A.-Valcarría (igrexa)
- LAMACEDA (SAN PEDRO)389 米外Viveiro E.A.-Valcarría (igrexa) · Viveiro E.A.-Valcarría (igrexa) · Valcarría (igrexa)-Viveiro E.A. · Viveiro E.A.-A Rúa Nova · Galdo (igrexa)-Valcarría (igrexa) · Viveiro E.A.-Valcarría (igrexa)
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。