古树
Souto da Retorta
Chavín · Viveiro · Lugo · 2000
照片: RodrigoRega · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Chavín (Viveiro, Lugo)的古树, 海拔约 46 米, 距Viveiro 5.3 km.
O Souto da Retorta é un souto declarado árbore senlleira e monumento natural que se atopa na parroquia luguesa de Chavín (Viveiro), na marxe dereita do río Landro e a uns 6 km da capital municipal. Dentro do souto destaca un rodal duns 600 eucaliptos da especie Eucalyptus globulus, algúns deles centenarios e de gran tamaño, ós que debe o sobrenome polo que tamén é coñecido: o eucaliptal de Chavín. A súa declaración de árbore senlleira foi grazas ás árbores que destacan nel polo seu porte e idade. O eucalipto azul coñecido como O Avó, inda que non é o exemplar máis alto do conxunto arbóreo da Retorta, é o máis sobresaínte polo seu grosor e por ser o máis ancián desta paraxe xa que ten entre 120 e 130 anos. Ademais o espazo presenta, ó longo do curso do río, dúas fervenzas dignas de mención: o Salto do Can e o Pozo da Ferida, este cunha caída en vertical de 30 metros. Este souto atópase en parte dentro do ZEC Río Landro. O espazo ten unha superficie de 3,19 ha. e caracterízase polo seu clima oceánico húmido, cunhas precipitacións anuais medias de 1.412 mm e unha temperatura media de 13 °C. Está situado a unha altitude duns 30 metros sobre o nivel do mar.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Bosque · Monumento natural
面积 3 m²
该点海拔 ≈ 46 m · Terrain Tiles
最近城镇 Viveiro,5.3 km
全市人口 15,091 (2025) · IGE
乘巴士前往
- Chaos (Chavín)620 米外Viveiro E.A.-Abuín · VIVEIRO E.A.-ABUÍN
- CHAOS643 米外Viveiro E.A.-Abuín · Santa Mariña-Viveiro E.A. · VIVEIRO E.A.-SANTA MARIÑA · Viveiro E.A.-Abuín · VIVEIRO E.A.-MONDOÑEDO E.A. · Viveiro E.A.-Mondoñedo E.A.
- CALVOSO667 米外VIVEIRO E.A.-SANTA MARIÑA · Viveiro E.A.-Abuín
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。