教堂

Igrexa de San Xián da Pereiriña

Cee · A Coruña

Igrexa de San Xián da Pereiriña

San Xián da Pereiriña é unha parroquia situada ao norte do concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2018 tiña 724 habitantes (364 homes e 360 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 862 habitantes (439 homes e 423 mulleres). En 1999 tiña 907 habitantes. É unha parroquia predominantemente agrícola e forestal. Está atravesada pola ruta seguida polos peregrinos que tras facer o camiño de Santiago se achegan a Fisterra. No alto de San Pedro consérvase unha pequena capela, cunha fonte preto dela.

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近