山

Monte da Guía

Teis · Vigo · Pontevedra

Monte da Guía, 山 en Vigo

照片: farrangallo · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Teis (Vigo)的山, 海拔约 108 米, 距Caminho Português de Santiago 1.4 km.

O monte da Guía é unha elevación situada no lugar da Guía, na parroquia viguesa de Teis, a carón da ría de Vigo.

Situación

Acada 128 metros de altitude. É un dos parques maiores da cidade. Desde o alto do promontorio hai unha vista bastante completa da cidade de Vigo, así como da ría, as illas Cíes, a cara sur da península do Morrazo e a ponte de Rande. O monte da Guía está conectado co centro da cidade mediante o autobús urbano (liña 17).

Historia

Antigamente, as mulleres dos pescadores subían a este monte para facer fogueiras e así poder orientar os seus maridos de regreso ao peirao.

Patrimonio

Está coroada por unha pequena ermida erixida na honra da Nosa Señora da Guía e do Sagrado Corazón de Xesús, obra do arquitecto Manuel Gómez Román. Ata o ano 2000 estivo situada na súa ladeira máis protexida, cara ao mar, a Escola de Transmisións da Armada, localización militar que tivo relevancia na segunda guerra mundial, ó ser usada como lugar de aprovisionamento por submarinos alemáns, o que se evidencia nalgunha película bélica. Naquela época fíxose un túnel baixo o monte para que o tren chegase ás instalacións militares para levar provisións. Tempo despois, ó ser innecesario o transporte ferroviario, o túnel foi usado como almacén militar. Na súa aba, hai pequenas praias como a da Lagoa ou a da Punta, e un paseo a través dunha senda botánica sinalada. Conta cunha carballeira e distintas especies ornamentais de interese, entre as que ademais dos carballos, destacan os piñeiros.

Outros artigos

Parques de Vigo

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 Montaña

该点海拔 ≈ 108 m · Terrain Tiles

最近城镇 Vigo,2.7 km

圣雅各之路 Caminho Português de Santiago,1.4 km

全市人口 295,735 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近