加利西亚领主宅邸

Pazo de San Roque

Vigo · Pontevedra

Pazo de San Roque, 加利西亚领主宅邸 en Vigo

照片: farrangallo · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Vigo, Pontevedra的加利西亚领主宅邸, 海拔约 97 米, 距Caminho Português de Santiago 36 m.

Non confundir co pazo de San Roque de Santiago de Compostela. O pazo de San Roque é unha casa señorial de finais do século XVII que se atopa no outeiro de San Roque, en Vigo. O edificio é propiedade de Abanca, porén a leira da antiga mansión é hoxe en día un parque municipal aberto ao público, o Parque de San Roque. Cada 16 de agosto celébranse, dende o século XVIII, na carballeira e capela de San Roque as festas de San Roque, de gran devoción en Vigo.

Historia

A historia do pazo e a capela de San Roque están pouco documentadas. Sabemos que a capela ergueuse por volta de 1600 despois de que a peste batese con forza na vila de Vigo en 1598 con máis de dúas mil vítimas e a xente atribuíse a curación a San Roque. O pazo construíuse en 1688, e nel morou nos seus comezos a familia Méndez de Soutomaior. Un dos últimos inquilinos foi Francisco Xavier Quiroga, comandante de Mariña de Vigo. Despois de anos de abandono, no ano 1925 a casa foi mercada pola antiga Caixa de Aforros Municipal de Vigo, hoxe Abanca, polo que é de propiedade privada, só abríndose en días sinalados, como nas Festas de San Roque, cada 16 de agosto. No ano 1935 o Concello de Vigo converteu a leira nun xardín municipal. No ano 2003, o, daquela, Novagalicia Banco rehabilitou todo o edificio para acoller eventos. Restaurouse a fachada, cambiáronse as cubertas, incluídas as estruturas de madeira, e substituíuse o coro da capela. Tamén se restauraron os tres retablos decimonónicos de San Roque, Nosa Señora do Rosario e a Dolorosa.

Estilo

Típico pazo galego de finais do século XVII, de fábrica de cantaría de granito galego cunha superficie total de 640 m², con dous andares, semisoto e planta terrea. Á leira accédese grazas a un portalón de pedra cun amplo panel, cun oco con linteis e decorado con brasóns e xanela central. O pazo é un edificio ameado con muros encalados, agás os recercamentos de fiestras, brasóns e esquinais. Preto do pazo atópase a Capela de San Roque, ampla, con brasóns e espadana, que se comunica cunha singular ponte en arco a unha construción circular. Cómpre salientar tamén o pombal.

Xardíns

Malia ser un pazo de propiedade privada, a leira é un parque público, Parque de San Roque. Ten unha superficie de 17.000 m² e acolle ademais do pazo, a capela de San Roque, o pombal e árbores senlleiras, especialmente eucaliptos e carballos centenarios. Ademais atópanse outras especies como castiñeiros, camelias, cerdeiras, bidueiros, magnolias, abetos, loureiro e acacias. Existe ademais un palco da música de recente construción, e que na súa parte inferior acolle as oficinas da Irmandade de Devotos de San Roque.

Afundación

Dende que Afundación adquiriu o edificio fixo unha serie de reformas para o habilitar para sala de reunións, conferencias, convencións, xantares, ceas etc. cos máis modernos medios tecnolóxicos. No semisoto áchase o vestíbulo, aseos, almacén, cociña e un salón-comedor, na planta terrea existe outro vestíbulo, a área de recepción, aseos, gardarroupa, gabinete, a sala de xuntas e dúas salas de conferencias.

Outros artigos

Pazo de Castrelos Pazo da Pastora

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 加利西亚领主宅邸

该点海拔 ≈ 97 m · Terrain Tiles

最近城镇 A Ceboleira,895 m

圣雅各之路 Caminho Português de Santiago,36 m

全市人口 295,735 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近