山
Monte da Madroa
Candeán · Vigo · Pontevedra · 336 m

照片: Tomás Rodríguez Ontiveros · CC BY-SA 2.5 · Wikimedia Commons ↗
Candeán (Vigo, Pontevedra)的山, 海拔约 336 米, 距Caminho Português de Santiago 711 m.
O monte da Madroa é un monte que se atopa no lugar da Madroa, na parroquia de Candeán, no concello de Vigo.
Patrimonio
Neste monte atópanse pegadas de asentamentos prehistóricos, como petróglifos e dolmens. Este campo megalítico conta cun gran número de túmulos, dos que o máis grande, coñecido coma A Casa dos Mouros, acada un diámetro de vinte metros e unha altura de 3,5 m; é posíbel que formaran parte dunha gran necrópole emprazada nas proximidades de Redondela. Así mesmo, existen restos dunha vella construción medieval defensiva, coñecida como A Torre.[Cómpre referencia]. Tamén sobresae o miradoiro da Madroa, duns 250 m de altitude, desde o que se poden apreciar panorámicas da totalidade da ría de Vigo, a ponte de Rande, o casco urbano e as illas Cíes. Á beira do miradoiro sitúase unha área con merendoiro cun quiosco e áreas para facer lume. Dentro da flora do parque destacan o piñeiro marítimo e acacia negra xunto coa reintrodución de especies de frondosas autóctonas (carballos, salgueiros, bidueiros, castiñeiros etc.). Ademais, tamén se encontra nel o parque forestal do Vixiador, dependente do concello de Vigo, de máis de 15 hectáreas e cunha grande diversidade de especies de flora e fauna.
Infraestruturas
Nas abas do monte da Madroa atópanse o zoolóxico de Vigo (único de Galiza con máis de 600 animais) e as instalacións deportivas auxiliares do Celta de Vigo. Nas últimas décadas o monte sufriu varias perforacións para construír dúas importantes infraestruturas: os túneles para a autoestrada AP-9 e, máis recentemente, o túnel das Maceiras para o paso das vías do ferrocarril do eixe atlántico de alta velocidade que dá acceso desde Redondela á nova estación de Vigo-Urzáiz.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
海拔 336 m
最近城镇 A Fonte Escura,1.4 km
圣雅各之路 Caminho Português de Santiago,711 m
全市人口 295,735 (2025) · IGE
乘巴士前往
- Areeiro (campo de fútbol)312 米外San Esteban-Bouzas
- Areeiro (campo de fútbol)323 米外San Esteban-Bouzas
- Cemiterio novo (Candeán)832 米外San Esteban-Bouzas
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。