山
Monte Xalo
Castelo · Culleredo · A Coruña · 514 m
照片: el Buho nº30 from O Burgo, A Coruña, Galicia · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Coruña的省内的地貌, 海拔约 514 米, 距Carral 4.3 km.
O monte Xalo é unha das zonas máis elevadas do litoral coruñés, cunha altitude de 514 metros sobre o nivel do mar.
Localización
O Xalo é un aranguelo que se estende tres quilómetros en sentido leste-oeste, dende Carral ata A Laracha, polo límite entre os concellos de Culleredo e Cerceda. Está aliñado coas chamadas mesetas de Santa Comba e de Tordoia —das que queda ao nordeste— e a súa vertente setentrional configúrase como un chanzo que salva o desnivel coas Mariñas da Coruña. Precisamente, dende O Petón —unhas rochas no máis alto do monte— pódese gozar dunha panorámica da comarca e albiscar lugares como a central elécrica de Sabón, o porto exterior da Coruña, o aeroporto de Alvedro ou a Torre de Hércules, alén de todo o val de Veiga, que está ao pé.
Deporte
No monte hai varias rotas de sendeirismo sinalizadas. As pistas forestais empréganse para deportes como ciclismo de montaña e carreiras. No alto do Petón as rochas están equipadas para a práctica de escalada.
Arqueoloxía
En 1950 o arqueólogo Luís Monteagudo atopou varias mámoas de gran tamaño, que foron destruídas ao longo dos anos posteriores, e en 1973 outras máis pequenas que aínda se conservan. Entre elas, coñécense as seguintes: Mámoa do Petón Medoña do Chan do Castelo Mámoa do rego da Uceira
Aproveitamento do monte
Ademais do aproveitamento forestal que se está a a facer do monte, polas inmediacións do Xalo pasa un oleoduto cara a Cerceda e liñas eléctricas de alta tensión da subestación eléctrica das Travesas. No cumio tamén hai instaladas antenas de radio, televisión, telefonía móbil e telecomunicacións en xeral. Existiu un proxecto para instalar un parque eólico de dez muíños e 45 megawatts que sería o de maior potencia de Galicia. A proposta foi finalmente desbotada por Aena por comprometer a seguridade da aviación no aeroporto da Coruña.
Outros artigos
Xalo (nome)
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Montaña
别名 Monte do Castelo Grande
海拔 514 m
最近城镇 Carral,4.3 km
全市人口 31,232 (2025) · IGE
资料来源 MTN25 (2020)
乘巴士前往
- O Xalo Interior1.2 公里外Centro Saúde Cerceda - O Xalo Interior (por Vila Progreso)
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。



