塔式建築
Torre de Celas de Peiro
Celas · Culleredo · A Coruña
照片: Jose Luis Cernadas Iglesias · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Celas, Culleredo的防御工事, 海拔约 73 米, 距Orro 3.5 km.
A Torre de Celas de Peiro é o que queda en pé da fortaleza medieval de Vinseira, tamén coñecida como Torre de Vinseira Pequena ou Fortaleza dos Condes de Andrade. Sitúase na parroquia de Celas, no concello coruñés de Culleredo. A fortaleza xa existía no ano 1395. Pertenceu á casa de Andrade, e aínda conserva escudo coas súas armas.
Historia
Esta torre é o único que queda do antigo castelo de Vinseira, que xa existía anteriormente a 1395, pois a primeira referencia documental a esta fortificación data dese ano. O castelo e os seus dominios pertencían á casa dos Andrade. Foi destruída durante a Gran Guerra Irmandiña, e reconstruída pouco tempo despois. Durante boa parte da Idade Media foi a única fortificación galega que permaneceu fóra do dominio da nobreza grazas ó foro de reguengo concedido por Afonso VIII no século XIII, o cal dispuña que a cidade non podía ter como veciños nin monxes nin nobres. Pero este foro non foi sempre respectado e consta como, xa en 1395, o fidalgo Martín Becerra (posiblemente ás ordes dos Andrade) someteu os campesiños coa axuda deste castelo de Celas. Encontrándose coa forte oposición do concello coruñés, finalmente chegaron ó acordo de eliminar da fortificación os elementos defensivos como os palenques, seteiras, beirís e ameado.
Características
Na actualidade só se conserva unha torre de planta cadrada, con 8 metros de lado, e 12 metros de altura. Nela aínda se aprecia o brasón de armas dos Andrade. Ata tempos recentes tivo acaroado un pazo xa desaparecido. Foi obxecto de restauración en 1992, cando se acondicionou como espazo museolóxico e de exposicións. Entre 1994 e 2011 as súas instalacións albergaron o Museo Etnográfico de Culleredo. Conta coa protección da Declaración xenérica do Decreto de 22 de abril de 1949, e da Lei n° 16/1985 sobre o patrimonio Histórico Español. Crese que a veciña igrexa románica de Santa María de Celas foi parte integrante da primitiva fortificación. No ano 2019 a cadea de distribución de alimentación Gadisa fixo un anuncio de televisión no que os protagonistas pasean polo parque que arrodea á torre e aparecen nun balcón. Este balcón non existe na torre e foi engadido dixitalmente no vídeo.
Outros artigos
Castelo Castelos de Galicia
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 防御工事
保护级别 Ben de Interese Cultural
该点海拔 ≈ 73 m · Terrain Tiles
最近城镇 Orro,3.5 km
全市人口 31,232 (2025) · IGE
乘巴士前往
- Celas De Peiro110 米外Peiro Canteiro-Celas-Teatro Colón · A Silva-Teatro Colón · Teatro Colón-A Silva · Teatro Colón-A Silva (por Parque acuático Cerceda) · Teatro Colón-Orro-Peiro-Celas-Tarrío
- Celas De Peiro126 米外Teatro Colón-Celas-Peiro Canteiro · Urbanizacion Monte Xalo-Teatro Colón · Teatro Colón-Cerceda (parque acuático) · Cerceda (parque acuático)-Teatro Colón · Tarrío-Celas-Peiro-Orro-Teatro Colón
- Celas (cruzamento Ermida)231 米外Peiro Canteiro-Celas-Teatro Colón · Teatro Colón-Celas-Peiro Canteiro · Tarrío-Celas-Peiro-Orro-Teatro Colón · Teatro Colón-Orro-Peiro-Celas-Tarrío
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。
