水力磨坊

Muíño das Maquías

Vigo · Pontevedra

Muíño das Maquías

O muíño das Maquías é un muíño que se localiza no leito do río de Zamáns, na parroquia de Zamáns, no concello de Vigo. == Historia == O nome de muíño das Maquías indica que nel se adoitaba pagar unha porción de gran ou de fariña ao muiñeiro por cada vez que se moía. Despois da construción do encoro de Zamáns, o caudal de auga reduciuse considerabelmente. A finais do século XX, foi reconstruído. == Construción == Funcionaba como muíño, mais tamén como vivenda. Ten dúas plantas e un pórtico de pedra, apoiado sobre catro columnas. Na planta inferior atópanse dúas moas, ademais do sistema de captación e uso da auga. Consta tamén dun pozo e dunha levada. Tamén existía un alboio anexo, hoxe desaparecido. == Notas ==

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近