山
Serra do Galiñeiro
Gondomar · Pontevedra
.jpg?width=640)
A serra do Galiñeiro é unha cadea montañosa que atravesa os concellos pontevedreses de Vigo, Gondomar, O Porriño, Mos e Tui, en dirección NO - SL. Acada a súa maior altura no monte Galiñeiro, con 711 metros, con cumio no concello de Gondomar. Outros montes importantes son os vigueses Alba e O Cepudo e o tudense Aloia, constituído como parque natural. == Véxase tamén == === Bibliografía === "Galiñeiro, serra do". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9. Inés Santa María Otero e Noé Massó Lago: Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo (2009), Edicións do Cumio, ISBN 978-84-8289-328-0. As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1 === Outros artigos === Monte do Galiñeiro Monte Alba
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗