山
O Mondigo
Ribadeo · Lugo
O monte Mondigo, localizado no concello de Ribadeo, na parroquia de Cubelas, é o pico máis alto da barreira montañosa que separa a costa do interior na comarca da Mariña Oriental, con 569 metros de altitude. Dende el poden apreciarse vistas cara ó Mar Cantábrico e a rasa Cantábrica, e cara aos vales dos ríos Grande e Pequeno. As súas ladeiras están dedicadas ó cultivo do eucalipto. No seu cumio hai antenas de repetición.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗