考古遗址

Os Moutillós

O Vicedo · Lugo

Os Moutillós é un sitio arqueolóxico que se atopa na parroquia de San Román de Vale, no concello do Vicedo (na provincia de Lugo). Localízase sobre un promontorio costeiro que domina a praia dos Castelos e a praia de San Román, nun enclave estratéxico da costa da Mariña Occidental. == Descrición == O sitio ocupa un promontorio elevado con importantes defensas naturais e unha ampla visibilidade sobre a liña de costa. A súa situación permitía controlar un pequeno abrigo natural utilizado como fondeadoiro, circunstancia que lle confire un notable interese dende o punto de vista arqueolóxico. As escavacións arqueolóxicas documentaron estruturas murarias, foxos defensivos, restos de vivendas e materiais cerámicos correspondentes a distintas fases de ocupación. == Investigación arqueolóxica == Os primeiros estudos formularon a hipótese de que Os Moutillós puidese corresponder a unha fortificación altomedieval do tipo motte and bailey, un modelo de orixe normanda ou anglonormanda pouco frecuente na Península Ibérica. A partir de 2014, desenvolvéronse diversas campañas arqueolóxicas dirixidas por Iñaki Sagredo. As datacións mediante carbono 14 e os materiais recuperados demostraron que o lugar estivo ocupado en diferentes momentos históricos, dende a Idade do Ferro ata a Idade Media. A posible presenza viquinga continúa sendo unha hipótese de investigación. Aínda que a configuración do enclave e a súa localización foron relacionadas por algúns investigadores cos asentamentos viquingos temporais documentados noutras zonas de Europa, ata o momento non apareceron evidencias materiais que permitan confirmala de maneira definitiva. == Importancia == Os Moutillós constitúe un dos xacementos costeiros máis singulares da Mariña lucense pola longa secuencia cronolóxica documentada, que abrangue máis de mil anos de ocupación humana. Os resultados das escavacións permitiron identificar fases correspondentes á Idade de Ferro, época romana, Alta Idade Media e Baixa Idade Media. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Viquingos en Galicia

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近