岩刻

Outeiro dos Lameiros

Baiona · Pontevedra

Outeiro dos Lameiros

O Outeiro dos Lameiros é unha estación de arte rupestre petróglifo situada na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa (Baiona), na Serra da Groba. É un conxunto formado por máis de trinta pedras con gravados en granito. == Descrición == As representacións remóntanse hai uns 4000 anos. Nelas atópanse tanto motivos esquemáticos coma naturalistas, dándolle importancia ós cabalos que xa daquela pacían pola Serra da Groba. A área descubriuse en 1984 nunha zona agrícola e forestal, e acondicionouse e sinalizouse entre 2007 e 2008. Outeiro dos Lameiros I (GA36003025): é a estación meirande, cun tamaño de 15 x 5 m. Ten 78 cuadrúpedes e diversas figuras abstractas, unha figura con seis raios curvos e círculos concéntricos. Outeiro dos Lameiros II (GA36003020): unha pedra que ficou soterrada baixo a follaxe de eucaliptos, de 4,2 × 6,4 m. Posúe a maior concentración de esculturas reticuladas de Galicia. Outeiro dos Lameiros III (GA36003022): lousa inclinada de 5 × 3 m cuberta de círculos concéntricos e liñas curvas. Outeiro dos Lameiros IV (GA36003024): lousa de 5 × 2 m con figuras abstractas, covas e sucos profundos. Outeiro dos Lameiros V (GA36003024): Outeiro dos Lameiros VI (GA36003022): laxe de 3 × 2 m, en boa parte soterrada, con figuras en forma de anel. == Galería de imaxes == == Notas ==

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近