加利西亚领主宅邸

Pazo das Torres do Comareiro

Serramo · Vimianzo · A Coruña

Pazo das Torres do Comareiro 还没有照片

如果你有一张,上传到 Wikimedia Commons ↗并附上坐标,它就会自动出现在这张地图上,以及任何使用开放数据的地图上。 或者发送给我们。

{{Location|43.06242|-8.98425}}

Serramo, Vimianzo的庄园宅邸, 海拔约 305 米, 距Vimianzo 6.6 km.

O pazo das Torres do Comareiro é un conxunto palaciano da parroquia de Serramo, Vimianzo.

Descrición

Construído no século XVI, na actualidade non conserva o seu elemento máis característico: as súas torres. O abandono deixouno nunha completa ruína e así hoxe é un edificio de planta rectangular alongada dividido entre distintos propietarios que o reconstruíron cadansúa parte con distintos criterios. Distínguense dúas partes ben diferenciadas polo tipo de materiais de construción: a primeira de perpiaños de granito de cantería e outra con cachotería de granito. A cuberta por un lado é tellado, pois ten tella, pero polo outro está cuberto de fibrocemento. Malia isto, aínda conserva elementos propios da arquitectura palaciana: cornixas molduradas, unha fiestra en arco de medio punto e unha porta -no lado leste- rematada en arco de medio punto de grandes doelas. Tamén conserva unha sinxela cheminea de cantería sen elementos decorativos. Na recuperación do lugar atopouse o escudo de armas onde se representan lobos e unha árbore sobre unha ponte de tres arcos.

Historia

O fundador do vínculo de Comareiro (1580) foi Gonzalo de Pazos e Señoráns. Logo sucedeuno Gómez de Rioboo Vilardefrancos, capitán e meiriño dos condes de Altamira en Vimianzo. Os seus descendentes tiveron relación coa casa de Trasariz e co pazo de Xora.

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 加利西亚领主宅邸

该点海拔 ≈ 305 m · Terrain Tiles

最近城镇 Vimianzo,6.6 km

全市人口 6,754 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

附近