石棚

Pedra Vixía

Zas · A Coruña

A Pedra Vixía é un monumento megalítico situado na parroquia de Lamas, no concello de Zas. Forma parte do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte. == Descrición == Esta anta atópase inserida nunha mámoa circular que mide arredor de 15 metros de diámetro. A estrutura está moi alterada e en moi malas condicións. Así, nove dos once esteos foron desprazados na década de 1950 por un veciño que aproveitou as pedras para a cimentación da súa vivenda. Semella que a cámara é de tipo poligonal tendente ao círculo e que o corredor de acceso mira cara ao leste. Conserva dous esteos na cuberta. O que fora a pedra cobertora concrétase nun bloque granítico rectangular que fica apoiado nun dos esteos da cámara, mide un metro e oitenta centímetros de alto por un metro e trinta de largo. == Véxase tamén == === Bibliografía === Carballo Arceo, Xulio (xullo de 2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigra Trea. ISBN 84-95364-40-9. === Outros artigos === Megalitismo en Galicia Mámoa Lista de megálitos de Galicia

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近