加利西亚领主宅邸
Pazo de Sensat
Alcabre · Vigo · Pontevedra
照片: Luis Sabugueiro · Public domain · Wikimedia Commons ↗
Alcabre (Vigo, Pontevedra)的加利西亚领主宅邸, 海拔约 23 米, 距Caminho Português de Santiago 2.4 km.
O pazo de Sensat é un pazo situado na Avenida da Atlántida, na parroquia de Alcabre, no concello de Vigo á beira da praia de Carril. O edificio actual data dos anos 40 do século XX, aínda que unha parte data de comezos do século XIX, e onde houbo un pazo anterior do que practicamente non se conservan restos. No entanto, o edificio actual aínda mantén elementos característicos dos pazos galegos, supondo o seu maior atractivo, a colección de 101 brasóns heráldicos espallados polos xardíns e muros ameados, a maior escolma de escudos nobiliarios existente en Galiza. Á beira do pazo está a nova igrexa de Santa Baia, finalizada no ano 1999. O pazo, malia ser relativamente novo, constitúe arquitectonicamente, unha obra senlleira. Dende o ano 2005 o edificio acolle un hotel de cinco estrelas que leva o nome de Pazo Los Escudos. O establecemento consta de 54 cuartos distribuídos en tres edificios, un deles o antigo pazo de principios do século XIX.
O edificio principal
Conforman o corpo principal do pazo unha edificación en granito, de planta rectangular e dous andares contigua a unha torre en tres alturas e planta cadrada. A fachada atópase profusamente enfeitada con gran cantidade de baixorrelevos representando escenas relixiosas e cunchas de vieira. O interior caracterízase por unha grande escaleira central feita en madeira e a ampla lareira en pedra. Conserva, ademais, restos do antigo pozo, cortes e unha mesa de pedra baixo o soportal porticado do xardín.
O xardín
Arrodeado cun muro ameado, conta con diferentes fontes, pequenos conxuntos escultóricos e un pombal granítico de planta circular que mantén a mesma decoración que a fachada do edificio principal, cun tellado rematado cunha esfera de granito.
Os escudos
Entre a numerosa colección, con algúns escudos do século XV, existente salientan: Arco heráldico: conxunto pétreo formado por un arco de medio punto cuxas setes doelas conteñen os escudos de armas das familias nobre galegas: García, Ribeira, Lousada, Ozores, Ribadeneira, Quiroga, Valcárcel, Bolaño, Sarmiento, Lemos, Soutomaior, Saavedra e Somoza. Vila de Padrón: labra que amosa a lenda do traslado do corpo do apóstolo Santiago a Compostela. Aos lados atópanse dous leóns en baixorrelevo, un reloxo de sol e unha fonte co cano de pedra e rostro humano.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Hotel · 加利西亚领主宅邸
作者 Antón Román Conde
现用途 Hotel
层数 3
该点海拔 ≈ 23 m · Terrain Tiles
最近城镇 A Ponte,1.8 km
圣雅各之路 Caminho Português de Santiago,2.4 km
全市人口 295,735 (2025) · IGE
乘巴士前往
- Bouzas963 米外Cangas de Morrazo E.A.-Bouzas · Avda. Ernestina Otero 24-N-550-Vigo(Areal)-Bouzas · San Esteban-Bouzas · Cangas de Morrazo E.A.-Bouzas-Hospital Álvaro Cunqueiro · Avda. Ernestina Otero 24-N-550-Vigo(Areal)-Vigo (Bouzas)-Hospital Álvaro Cunqueiro · Cangas de Morrazo E.A. Bouzas / Psa Vigo Zona Franca
- Bouzas982 米外Cangas de Morrazo E.A.-Bouzas · Redondela (A Farola)-N-550-Vigo(Areal)-Vigo (Bouzas) · San Esteban-Bouzas · Cangas de Morrazo E.A.-Bouzas-Hospital Álvaro Cunqueiro · Cangas de Morrazo E.A. Bouzas / Psa Vigo Zona Franca · Redondela (A Farola)-N-550-Vigo(Areal)-Vigo (Bouzas)-Hospital Álvaro Cunqueiro
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。