岩刻
Pedra das Tixolas
Abalo · Catoira · Pontevedra

照片: Erreja · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Abalo, Catoira的岩刻, 海拔约 134 米, 距Camiño Portugués Variante Espiritual 730 m.
A Pedra das Tixolas ou Laxe das Tixolas é un conxunto de gravados rupestres da Idade do Bronce (1200 - 600 a. C.) situadas na parroquia de Abalo (Catoira).
Características
Os petróglifos atópanse na ladeira dun monte a 180 metros de altitude. Foron realizados nunha roca granítica elíptica de aproximadamente 4,5 metros de ancho cun amplo número de combinacións de círculos simples con liñas, o que lles dá o aspecto de tixolas e cazoletas no seu interior, en consonancia cos motivos abstractos recorrentes no estilo Atlántico de arte rupestre, maioritario en Galicia. Tamén se observan cruces e liñas, posiblemente medievais ou modernas e unha inscrición coa palabra «ballina». En total distínguense unhas vinte combinacións circulares e cruces, destacando unha delas cun pedestal de base.
Conservación
As características litolóxicas do soporte dos gravados favorece a súa conservación, con procesos de alteración lentos. Con todo, a acción humana afectou a súa permanencia ao actuar directamente sobre os paneis con actos de vandalismo, mediante extracción de pedra, obras de infraestruturas varias ou mediante a acción dos incendios forestais. A Pedra das Tixolas atópase alterada pola acción humana, ao realizarse extracción de pedra no lugar, que se utilizou como canteira. Tamén se advirten os sinais de incendios na zona que deixaron manchas sobre a roca, aínda que non se produciron perdas ou desprendementos da superficie. En 2023, a partir dunha subvención de 5.916,90 € achegada pola Deputación Provincial de Pontevedra, rozouse a área e sinalizáronse os accesos ao xacemento.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 岩画
该点海拔 ≈ 134 m · Terrain Tiles
最近城镇 Vilagarcía,5.6 km
圣雅各之路 Camiño Portugués Variante Espiritual,730 m
全市人口 3,275 (2025) · IGE
乘巴士前往
- Fonteiriña413 米外CPI de Progreso-Fonteiriña · CPI de Progreso-Fonteiriña · CPI de Progreso-Abalo (Baltasar)
- O Busto581 米外CPI de Progreso-O Busto · CPI de Progreso-O Busto · O Busto-Avda. A Mariña · O Busto-Avda. A Mariña · Busto-Campanario-Avda. A Mariña · Busto-Campanario-Avda. A Mariña
- O Souto da Vila598 米外CPI de Progreso-Fonteiriña · CPI de Progreso-Fonteiriña · CPI de Progreso-Abalo (Baltasar)
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。


