城堡

Torres de Oeste

Oeste · Catoira · Pontevedra

Torres de Oeste, 城堡 en Catoira

照片: Jose Antonio Gil Martínez. FREECAT from Vigo · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

Oeste (Catoira, Pontevedra)的城堡, 海拔约 3 米, 距Camiño Portugués Variante Espiritual 188 m.

As torres de Oeste, ou Castellum Honesti, son un sitio arqueolóxico composto polas ruínas consolidadas dunhas torres de orixe romana que serviron de enclave fundamental para a defensa das terras da arquidiocese de Santiago de Compostela dos ataques normandos na Alta e na Baixa Idade Media. Trátase dun castelo de acceso libre e uso turístico e foi declarado Monumento Nacional. Sitúase na confluencia do río Ulla e a ría de Arousa, na parroquia de Oeste, concello de Catoira.

Historia

Orixe

No lugar que ocupan as torres testemuñouse actividade humana desde época castrexa, polos restos de cerámica e útiles de bronce atopados. A data da súa construción foi, durante moito tempo, motivo de longas discusións. O autor romano Pomponio Mela menciona na súa obra a existencia na desembocadura do Ulla das Turris Augusti.[Cómpre referencia] A existencia de restos romanos situados na cimentación das torres comprobouse en escavacións arqueolóxicas a mediados do século XX.

Idade Media

No século X, por mor das numerosos ataques normandos remontando a ría de Arousa, incluída a morte do bispo Sisnando defendendo a súa diocese fixo que os seus sucesores se esforzasen en reparar e mellora-las defensas da ría. O 29 de outubro de 1024 o rei Afonso V o Nobre doa a Vistruario, bispo de Iria, as torres. Cara ao ano 1040 o bispo Cresconio ordenou importantes traballos de reformas. Na Historia Compostelá explícase que os traballos de melloras e reformas continuaron baixo os mandatos dos sucesores de Cresconio: Diego Páez e Diego Xelmírez. No século XII defínese a estrutura definitiva do castelo e queda composta a fortaleza por sete torres que amurallaban un recinto arrodeado de pantanos. Posúe unha capela do século XII construída por Xelmírez e dedicada ó apóstolo Santiago. A partir do século XV a fortaleza comeza a súa decadencia e, finalmente, no ano 1525 gran parte das construcións foron destruídas.

Descrición

Na actualidade consérvanse en pé os alzados de dúas das torres e unha terceira moi arruinada. As torres son de planta cadrada e construídas con "perpiaño mediano" (coñecido como asturiano) e grandes perpiaños nos esquinais e nas xambas.

A ermida

Trátase do mesmo templo que Diego Xelmírez levantou ab fundamentis no ano 1122. Atópase unida a unha torre e foi refeita en tempos modernos. En imaxes antigas pódense ve-las bóvedas totalmente derrubadas. A igrexa é dunha nave cunha ábsida semicircular. Os perpiaños son raros e irregulares as fiadas. A nave cóbrese con bóveda de canón con directriz en arco de ferradura. O arco triunfal (semicircular) apóiase sobre xambas de cóbados. A fachada principal coróase cunha espadana dunha soa troneira. A portada componse dunha sinxela porta cun lintel pentagonal, e sobre este un arco semicircular. No tímpano restos dunha inscrición de difícil lectura. A fachada meridional carece de cornixa nin seteiras, e só se abre cunha porta alintelada cun arco de descarga similar ao da fachada occidental (principal). Na fachada setentrional ábrense cinco seteiras con arco de ferradura.

Achados

No Museo de Pontevedra consérvase unha doela (cat. nº 1488) que procede deste lugar co texto ERA MCC. Tamén conserva un relevo rectangular, cunha cruz grega no centro e colgando un alfa e un omega, é a peza nº 2088, coa inscrición IN HOC SIGNO TUETUR PIUS HOC SIGNO VINCITUR INIMICUS. En 1971, realizou escavacións o arqueólogo catalán Alberto Balil Illana, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela. Unha moeda francesa da época de Xelmírez, un denario de cobre e prata cuñado en Angers entre os séculos XI e XII, foi atopado de xeito casual preto da Capela de Santiago nas Torres de Oeste en 2022. A orixe da moeda aínda é incerta, con hipóteses que inclúen a súa chegada a través das rutas comerciais fluviais ou como parte das viaxes de Xelmírez. Para a promoción no Culturgal, o Concello de Catoira encargou a creación dunha réplica en cerámica de maior tamaño que a orixinal para facilitar a visualización dos detalles e un panel explicativo. == A Romaría Viquinga ==…

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

年代 中世纪

类型 设防围地

风格 Arte románica

别名 O Castelo

保护级别 Ben de Interese Cultural

该点海拔 ≈ 3 m · Terrain Tiles

最近城镇 Rianxo,8.1 km

圣雅各之路 Camiño Portugués Variante Espiritual,188 m

全市人口 3,275 (2025) · IGE

如何前往

地址 Ponte de Catoira, Oeste, Catoira

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近