桥
Ponte da Ramallosa
Baiona · Pontevedra

A ponte da Ramallosa é unha construción románica sobre o río Miñor, entre as parroquias de San Pedro da Ramallosa (Nigrán) e Santa Cristina da Ramallosa (Baiona). == Historia == Segundo a tradición, a ponte foi mandada construír no século XIII por Pedro González Telmo, bispo de Tui, despois da fundación da vila de Baiona por Afonso IX (rei de León e Galicia) en 1201. Posiblemente con anterioridade houbera outra ponte, pola que discorría a vía romana XX (per loca maritima) do itinerario de Antonino. A ponte, de 36 m, ten 10 arcos, algúns apuntados e outros de medio punto, con luces de entre 3 e 5,5 m. Os piares teñen un espesor bastante uniforme, próximos aos 5 m. Os tallamares, situados a ambos os dous lados, son apuntados de planta triangular, formando uns apartadoiros ao nivel da calzada. Ten un perfil lixeiramente alombado cunha suave pendente. A calzada está pavimentada con lousas irregulares de pedra. A anchura entre os peitorís varía entre 3,17 e 3,37 m. O peitoril actual é baixo, formado por unha soa fiada de cachotes. Nun dos piares centrais hai un pequeno altar cun cruceiro, que ten na columna unha imaxe de San Telmo e unha escena dunhas ánimas queimándose no purgatorio. A carón da ponte celebrábanse ritos relacionados coa fertilidade, o chamado Bautismo anticipado. Segundo a tradición, a muller que non lograba ter fillos debía verter sobre o seu ventre auga do río. Para que este conxuro fora efectivo debía realizarse ás 12 da noite e, ademais, o padriño da criatura debía ser a primeira persoa que atravesase a ponte logo de realizar o rito. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Bautismo anticipado === Ligazóns externas === Ponte da Ramallosa en Turgalicia.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
Chegar en bus
- A Ramallosa (ponte)a 66 mBaiona-Ramallosa-Mallón-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Camos-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Baredo-Rocamar(Baredo)-Baiona-Ramallosa-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Baiona-Nigrán-Porto Molle-Gondomar-Baiona · A Guarda-Baiona-Ramallosa-Mallón-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I.
- A Ramallosa (ponte)a 78 mBaiona-Ramallosa-Mallón-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Nigrán-Porto Molle-Gondomar-Baiona · Baiona-Ramallosa-Camos-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · A Guarda-Rosal-Pías-A Guarda-Baiona-Ramallosa-Mallón-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Baredo-Rocamar(Baredo)-Baiona-Ramallosa-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I.
- A Ramallosa (praza)a 121 mGondomar E.A.-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · PO:Nigrán: Chandebrito-Nigrán-Priegue · Baiona-Ramallosa-Camos-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Baredo-Baiona-Ramallosa-Camos-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Gondomar E.A.-Ramallosa-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Couso (Remedios)-Peitierios-Morgadáns-Gondomar-Ramallosa-Nigrán-Vigo E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.