Praia da Suacasa

Vigo

A praia da Suacasa ou praia da Cacharela é unha praia galega localizada no municipio de Vigo, na provincia de Pontevedra. Trátase dunha pequena praia semiurbana cunha extensión de 54 metros. == Localización e acceso == A praia está localizada na parroquia viguesa de Teis, no límite con Chapela. Está flanqueada polas praias do Mende e Arealonga. A accesibilidade a esta praia é limitada. Pódese acceder desde o camiño da Cacharela a través dunhas escaleiras irregulares e mal definidas. Tamén é posible tomar un paseo peonil desde Mende ou Arealonga. O servizo máis próximo de bus urbano é a liña C3 de Vitrasa, con parada na avenida de Galicia. == Descrición == Trátase dun pequeno areal con forma de media lúa. A area é fina e de cor crema con matices grises, aínda que desaparece practicamente nos períodos de preamar. Está considerada a praia máis pequena de Vigo e encóntrase en perigo de desaparición a causa das correntes marítimas cambiantes e das construcións artificiais da súa contorna. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Teis Praia do Mende Praia de Arealonga === Ligazóns externas === Praia da Suacasa na web do Concello de Vigo

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近