劇場
Teatro Jofre
Ferrol · A Coruña · 1892
照片: Jcfidy · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Ferrol的剧院, 海拔约 15 米, 距Camiño Inglés 86 m.
O teatro Jofre é un espazo escénico inaugurado en 1892, situado na praza de Galicia, no barrio da Madalena, da cidade de Ferrol. É un dos referentes teatrais públicos de Galicia xunto ao teatro Rosalía de Castro da Coruña e unha institución cultural de Ferrol.
Historia
Contra o século XVIII Ferrol contaba co teatro do italiano Nicolás Settaro, onde se representaban funcións dramáticas, líricas e bailes. Este teatro foi destruído por un incendio, o que fixo que a cidade perdese o único teatro digno existente, facendo que os espectáculos se celebrasen en barracóns provisionais ou nos baixos máis amplos da cidade, que se acondicionaban a modo de teatriños. Co ascenso da Mariña de Guerra e dos estaleiros no século XIX a cidade medrou, construíndose novos edificios públicos, entre os que estaba o novo teatro. En 1862, un grupo de ferroláns comezaron a construción do novo teatro. Os arquitectos Faustino Domínguez Domínguez e o seu fillo Faustino Domínguez Coumes-Gay, foron os autores do primeiro proxecto e do edificio final, respectivamente. A pesar de que os beneficios da empresa serían para o Hospital de Caridade, o que tiña que facilitar a construción, as obras non rematarían de non ser polo apoio do ferrolán Joaquín Jofre Maristany, residente en Buenos Aires. A importancia da súa persoa na construción do teatro fixo que se lle dese o seu nome. Trinta anos despois de comezadas as obras, o 19 de maio de 1892 o teatro foi inaugurado coa representación de El alcalde de Zalamea, de Calderón de la Barca. En 1908 incorporou á súa programación proxeccións cinematográficas. En 1919 o teatro pasou á empresa Fraga, que encargou ao arquitecto Rodolfo Ucha a creación dunha nova fachada, engadindo un pórtico. O 4 de decembro de 1935 acolleu un mitin organizado pola Confederación Rexional Galaica da CNT no que participaron Federica Montseny, Jaime Baella e Claro José Sendón. A finais do século XX o teatro Jofre pechou as súas portas tras anos de decadencia da actividade e do edificio. Finalmente foi comprado polo Concello de Ferrol, que, despois da rodaxe nel do filme Divertimento, decidiu rehabilitalo, sobre todo polo impulso do entón Concelleiro de Cultura e anteriormente Deputado no Parlamento de Galicia (1990-1993), Director Xeral de Cultura no goberno do socialista Fernando González Laxe e deputado no Congreso, Bonifacio Borreiros. O encargado deste proxecto foi Rafael Baltar, finado en 2002, que actuou especialmente nos accesos ao edificio e na fachada sur, ademais de crear unha galería con miradoiro. Tamén foi reformado o interior para darlle máis luz e espazo escénico. Tras as obras foi reinaugurado en 2006. Entre xullo e agosto do 2011 o Jofre foi pechado polo Concello de Ferrol para levar a cabo a instalación dun novo pano devasa en substitución do antigo, que caera accidentalmente en marzo durante a montaxe dunha obra teatral. O teatro reabriuse o 30 de agosto do 2011 con motivo do Concurso Internacional de Gaita Constantino Bellón.
Características
A fachada orixinal do Teatro Jofre ocupaba a actual praza de Galicia, e contrastaba na súa sinxeleza co interior. Na actual destacan as columnas decoradas con elementos teatrais. A planta ten forma de ferradura. O interior, de tres pisos decorados, e con frescos no teito que representan os xéneros teatrais, pintados por Jorge Busato e Fontana di Cento, está influído polos gustos do século XIX, inspirados, á súa vez, nos teatros barrocos italianos.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Teatro
作者 Faustino Domínguez Domínguez
命名来源 Joaquín Jofre Maristany
屋顶 半四坡顶
层数 4
容纳人数 650
启用 1892
该点海拔 ≈ 15 m · Terrain Tiles
最近城镇 Ferrol,249 m
圣雅各之路 Camiño Inglés,86 m
全市人口 64,903 (2025) · IGE
资料来源 (2026)
如何前往
地址 Praza de Galicia
乘巴士前往
- Praza de Galicia27 米外Circular Ensanche · Praza de Galicia-Sedes-Praia da Frouxeira · Praza de Galicia-Sedes-Praia da Frouxeira · Praza de Galicia-Mugardos-Ares-Praza de Galicia · Praza de Galicia-Ares-Mugardos-Praza de Galicia · Praza de Galicia-Praia da Frouxeira-Cedeira E.A.
- Praza de Galicia (Correos)32 米外Caranza-Praza Vella · Praza Vella-Caranza · O Porto-O Puntal · O Porto-O Puntal · O Porto-Hospital Naval · Hospital Naval-O Porto
- MERCADO DE SAN XULIÁN130 米外O Porto-O Puntal · Canido-Praza da Graña · Cooperativa O Val-Mercado de San Xulián · Mercado de San Xulián-Mercado de San Xulián · Mercado de San Xulián-San Felipe · Mercado de San Xulián-Praza da Graña
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。