Hillfort

Castro de Angrois

O Eixo · Santiago de Compostela · A Coruña

Castro de Angrois, hillfort en Santiago de Compostela

Photo: Lua Galega · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Fortified settlement in Sar, Santiago de Compostela, 247 m above sea level, 166 m from the Camiño Xabrés.

O castro de Angrois é un poboado fortificado situado en Angrois, parroquia de Sar, no concello de Santiago de Compostela. Tamén é coñecido co nome de castro de Santa Lucía. O seu código de catalogación na Dirección Xeral de Patrimonio é GA15078042. Está localizado no cumio dun outeiro, cunhas pendentes moi pronunciadas polo leste, oeste e sur e moito máis suaves polo norte. Isto orixina unhas defensas naturais notables, sendo a zona norte a máis vulnerable e o posible acceso. Aínda que no pasado parte do outeiro tivo unha explotación agrícola máis intensa, en tempos recentes é terreo de monte sendo a vexetación principal de toxos. É de propiedade particular e de varios propietarios distintos.[Cómpre referencia] Este castro ten un recinto central ao que se une un socalco setentrional. Este recinto, coñecido como a croa do castro, sitúase na parte máis alta do outeiro. Nesta zona aparecen numerosos afloramentos de rocha, polo que a potencia estratigráfica debe de ser escasa. Non ten estruturas defensivas visibles polos lados meridional, oriental e occidental, seguramente porque non o precisa. Porén, polo norte ten un terraplén bastante pronunciado que illa a croa do socalco inferior. Este socalco é bastante amplo e ten unha rampla de acceso frontal na liña defensiva do socalco exterior e na croa.[Cómpre referencia] O castro está fortemente rebaixado na zona sur por unha antiga canteira explotada principalmente para a construción da estrada N-525, mentres que a ladeira norte foi case totalmente destruída polas obras da autoestrada AP-9. Os traballos arqueolóxicos realizados ata o momento son, en xeral, escavacións e sondaxes de pequena extensión no contexto de traballos de control de obras públicas. Por exemplo, nos traballos da autoestrada fixéronse sondaxes para comprobar a calidade do material básico e a potencia estratigráfica do solo. Atopáronse materiais como tellas romanas, cerámica lisa de cor rosáceo e escoura de fundición. Durante as escavación no ano 2008 para a construción do AVE, encontráronse restos dunhas murallas cara a zona norte.[Cómpre referencia] Hai outro castro nas súas proximidades, o castro do Coto, situado no monte do Coto, na parroquia de Santa María de Marrozos.

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Hillfort

Also known as O Castro

Elevation here ≈ 247 m · Terrain Tiles

Nearest town Os Tilos, 1.5 km away

Way of St James Camiño Xabrés, 166 m away

People in the municipality 100,842 (2025) · IGE

See on the mapRead on WikipediaDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby