Monastery

Monastery of Saint Pelagius of Antealtares

Santiago de Compostela · A Coruña

Monastery of Saint Pelagius of Antealtares

San Paio de Antealtares é un convento do século IX de monxas beneditinas de clausura. Está situado no casco vello de Santiago de Compostela, fronte á cabeceira da catedral de Santiago de Compostela, pechando a praza da Quintana. == Historia == === Mosteiro primitivo === O primeiro mosteiro foi fundado por volta do 830 por Afonso II o Casto e ocupárono unha ducia de monxes bieitos comunidade que tiña como misión atender e manter o culto ás reliquias do apóstolo Santiago o Maior. A esta primeira comunidade entregou o rei un pequeno couto que pouco despois ampliou ata chegar ás 3 millas desde a igrexa de Santiago. Levantouse o mosteiro ao leste do mausoleo romano onde se atoparon os restos apostólicos, en fronte da súa porta de acceso, o que fixo que o mosteiro recibise a denominación de Antealtares. Ningún vestixio ten chegado ata os nosos días daquela primeira construción xa que desde o século IX ao XI estivo contiguo ao testeiro da igrexa de Santiago, no lugar que ocupou a cabeceira do templo románico da catedral que substituíu a antiga igrexa. En 1077, o abade Faxildo e o bispo Diego Páez chegaron, na Concordia de Antealtares, a un acordo sobre q nova localización do mosteiro, que se situaba diante dos tres altares, na honra do Salvador, de San Pedro e de San Xoán. Neste mosteiro disque compuxo o bispo San Pedro de Mezonzo o himno "Salve Regina". Nos anos de decadencia, os monxes bieitos abandonárono case en ruínas (derrubouse en 1256) e instaláronse en San Martiño Pinario. === O Estudio de Gramática === O 4 de setembro de 1495 outorgáronse as escrituras de doazón de tódalas dependencias do mosteiro agás a igrexa para que Lopo Gómez de Marzoa funde nel un colexio para estudantes pobres, o coñecido como Estudio de Gramática, xermolo da Universidade de Santiago de Compostela. En 1499 foi ocupado por unha comunidade de monxas bieitas de clausura, que nel permanece até hoxe. == Descrición == === A igrexa === A construción da igrexa, encetada en 1700, durou nove anos e iniciouna frei Gabriel de Casas, no ano 1699, coa demolición da anterior igrexa. En 1703 a comunidade beneditina retirou a súa confianza o arquitecto (pola lentitude das obras) e foi Pedro García quen continuou as obras, seguindo as trazas xa iniciadas. O novo templo inaugurarase solemnemente no ano 1707. A fachada é sinxela pero monumental e mostra a San Paio mártir. A planta é de cruz grega e está recuberta con bóvedas de canón con casetóns. A cúpula elévase sobre pendentes moi decorados e remata nunha lanterna que ilumina o interior. ==== Imaxinería ==== O retablo maior é obra de Francisco Castro Canseco (1714) e nel aparecen tres santos, San Bieito, San Plácido e San Mauro e tres santas, Santa Escolástica, Santa Xertrude e Santa Francisca Romana, conducindo a imaxe de San Paio, arrodeado por Santiago e San Fernando montados a cabalo (inspirados no baldaquino catedralicio). O conxunto complétase cunha Asunción da Virxe, acompañada polos apóstolos Pedro e Paulo. O órgano, construído en 1782 polo mestre Alberto de la Peña, foi restaurado recentemente. === Convento actual === Do mosteiro primitivo só se conservan uns capiteis e unha ara de mármore branco. O actual comezouse a construír no século XVI e rematouse só en 1793. A renovación comezouse no ano 1600. Encargóuselle a Mateo López a traza da zona occidental, cara á praza da Quintana e construíuse un lenzo monumental e austero. No 1641 Jácome Fernández Fillo rematou parte deste lado trazado por Bartolomé Fernández Lechuga. Entre 1653 e 1657 construíuse un pasadizo que enlaza esta parte coa igrexa. A fachada que dá á praza da Quintana, é sobria e utiliza exclusivamente liñas rectas. A súa monumentalidade provocou os celos do arcebispado e foi a principal causa da remodelación da cabeceira románica da Catedral, obra que deu como resultado o aspecto que posúe actualmente.…

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

See on the mapRead on WikipediaDirections

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Nearby