Monastery
Monastery of San Francisco do Val de Deus
Santiago de Compostela · A Coruña
Photo: Diego Delso · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Cultural property in Santiago de Compostela, Spain, 250 m above sea level, 191 m from the Camiño Inglés.
San Francisco de Val de Deus é un convento franciscano fundado a comezos do século XIII en Santiago de Compostela, declarado monumento histórico artístico. Está situado no casco vello da cidade, no lugar coñecido como o Val de Deus.
Historia
Di a lenda que San Francisco de Asís, en peregrinación a Compostela en 1214, hospedouse cun carboeiro chamado Cotolai na súa choza do Monte Pedroso. Encomendoulle a este construír un mosteiro pero cando lle replicou que non tiña recursos, mostroulle un tesouro preto da ermida de San Paio do Monte que lle permitiría levar a cabo a obra. Val de Deus era un terreo propiedade do mosteiro beneditino de San Martiño Pinario, que o cedeu en troques dunha cesta de peixe anual, que se seguiu entregando até fins do século XVIII. O convento primitivo veuse abaixo a comezos do XVIII e non fican del máis que cinco arcos apuntados que se conservan no claustro principal e o sepulcro de Cotolai. Estes arcos estaban na sala capitular, na que Carlos V celebrou cortes en 1520. A reconstrución, que implicaba cambiar a orientación da súa igrexa) encetouse en 1742, e non foi sen problemas, xa que os veciños (especialmente os monxes de San Martiño) queixábanse da magnitude da obra, que lles restaba luz e ventilación e, a máis, ocuparía terras pertencentes aos de San Martiño. A disputa saldouse rebaixando a altura da igrexa franciscana.
Descrición
A renovación da fábrica medieval iniciouse co arcebispo Maximiliano.
A igrexa
As obras do novo templo seguiron as trazas dadas por Simón Rodríguez, pese a que a lentitude das obras fai que a participación doutros mestres inclúan algún cambio substancial. A planta da igrexa corresponde o tipo "xesuítico", en forma de rectángulo no que se inscribe unha cruz latina.
A fachada
A fachada da igrexa, deseñada (en estilo barroco) no XVIII por Simón Rodríguez, imponse no contorno polo seu tamaño. Foi executada por Frei Manuel Caeiro, non estando rematada aínda no 1770, feito que fai que responda a dous conceptos diferenciables na decoración reducida a parte inferior da mesma, cambiando drasticamente por riba da altura do taboado que cambia de forma perceptible adaptándose aos principios neoclásicos A parte inferior é barroca e a superior neoclásica e consta de tres corpos e tres rúas. Na central destacan catro columnas dóricas que flanquean unha imaxe de San Francisco (obra de Xosé Ferreiro). O segundo corpo está dominado por un enorme ventanal flanqueado por columnas xónicas, sobre as que se apoia un frontón triangular. As rúas laterais soportan os dous campanarios.
O adro
O adro atópase varios metros por debaixo do nivel da rúa nun extremo, e diante del, a res desta, érguese un monumento a San Francisco realizado por Francisco Asorey en 1926.
Interior do templo
O interior do templo é tamén sobrio, se ben monumental. A planta é de cruz latina con tres naves. A central, de cinco tramos, e o cruceiro cuberto por unha bóveda de canón con cúpula de media laranxa nos pendentes, modificacións de Frei Manuel Caeiro. Na decoración do interior do templo apréciase a pegada de Simón Rodríguez coa decoración de placas e cilindros. Aos lados das naves e aos do presbiterio sitúanse capelas intercomunicadas sobre as que descorre unha tribuna. A sancristía trala capela maior ten a mesma anchura co templo.
Imaxinería
Ás naves laterais ábrense quince retablos, a maioría realizados por frei José Rodríguez, o mesmo que o retablo central. Este último consta de tres corpos. No inferior, Domingos de Guzmán, fundador da Orde dos Predicadores, e Boaventura de Bagnoregio, primeiro cardeal da Orde Franciscana, acompañan unha imaxe da Virxe. No segundo, unha talla de San Francisco, obra de Xosé Ferreiro Suárez ten a seu carón un escudo da Orde de San Francisco e outro coa Cruz da Terra Santa e as Cinco Chagas do santo. No corpo superior hai outra talla de Santa Clara e no centro un libro aberto.
Os claustros
Foi coas obras do claustro principal coas que se iniciaron as tarefas de reedificación, que se realizaron con gran rapidez.…
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Monumento · Convento franciscano
Style Arquitectura barroca · Arquitectura neoclásica
Dedicated to Francisco de Asís
Part of Camiño de Santiago francés na provincia da Coruña
Protected as Ben de Interese Cultural · Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Elevation here ≈ 250 m · Terrain Tiles
Nearest town Santiago de Compostela, 359 m away
Way of St James Camiño Inglés, 191 m away
People in the municipality 100,842 (2025) · IGE
Getting there by bus
- Avda. de Xoán XXIII452 m awayCarballo E.A.-Santiago E.I. · BAIO-SANTIAGO E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · CAMARIÑAS-SANTIAGO E.I. · Carballo E.A.-Santiago (por San Caetano) · VIMIANZO-SANTIAGO E.I.
- Avda. de Xoán XXIII456 m awayCarballo E.A.-Santiago E.I. · Baio-Santiago E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · O Foxo-Santiago E.I. · Camariñas-Santiago E.I. · Vimianzo-Santiago E.I.
- Rúa Nova679 m awayA Graña-Rúa Nova (noitebus) · A Graña-Rúa Nova (noitebus)
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
Nearby
Cathedral of Santiago de CompostelaCathedral
Church of Santa María la Real del SarCathedral
Pazo de San Lourenzo, SantiagoMonastery
Monastery of Saint Pelagius of AntealtaresMonastery
San Martiño Pinario monasteryMonastery
Pazo do EspiñoPazo (Galician manor)
Pazo dos Condes de XimondePazo (Galician manor)
Pazo de Vaamonde, Santiago de CompostelaPazo (Galician manor)