Hillfort

Castro de Bexo

Dodro · A Coruña

O castro de Bexo é un poboado castrexo da Idade de Ferro e de época romana, sito na aldea de Bexo (San Xoán de Laíño, Dodro). == Descrición == É un dos poboados máis grandes da zona, pero está mal catalogado e na súa ficha non aparecen as súas verdadeiras dimensións. Dende a súa coroa hai unhas vistas excelentes da ría de Arousa e do Baixo Ulla. Case non quedan restos pétreos polo espolio de pedra que se fixo nel para construír casas en Bexo, Teaio, Burés e A Vacariza; quedando no castro, aínda hoxe en día, restos do traballo das pedras polos canteiros. O montículo catalogado como un castro independente (GA15072016) é parte deste castro, máis que un poboado en si. En 2016 o concello comezou os traballos para estudar e poñer en valor a zona. == Notas ==

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

See on the mapRead on WikipediaDirections

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Nearby