Hillfort
Castro de Xaz
Oleiros · A Coruña

O castro de Xaz, tamén chamado castro de Abeleiras ou Os Redondos, é un castro situado na parroquia de Dorneda, no concello coruñés de Oleiros. == Morfoloxía == Consta dun recinto fortificado de forma ovalada. As súas dimensións son duns 150 metros no eixo norte-sur e uns 100 metros no eixo este-oeste. Está defendido por un complexo sistema de noiros e foxos concéntricos, situados sobre todo na parte sur e oeste. Pola parte sur presenta unha sucesión de tres parapetos e dous foxos intercalados entre eles. Na parte oeste existen tres parapetos e dous foxos intercalados == Conservación == Polas bandas norte e oeste do asentamento as recentes obras de construción de vivendas afectaron severamente ó parapeto exterior e ó foxo. Neste sector as defensas que se conservan limítanse ó paramento exterior. Na actualidade a vexetación cobre gran parte dos restos. == Arqueoloxía == Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. == Véxase tamén == === Outros artigos === Castro Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña === Ligazóns externas === Catálogo. PXOM de Oleiros. Novembro do 2008.
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Chegar en bus
- Abeleirasa 151 mTeatro Colón-Santa Cruz-Franzomel-Soñeiro
- Abeleirasa 151 mSoñeiro-Franzomel-Santa Cruz-Teatro Colón
- Dornedaa 211 mTeatro Colón-Santa Cruz-Pousada (residencia) · Teatro Colón-Santa Cruz-Franzomel-Soñeiro · Soñeiro-Franzomel-Santa Cruz-Teatro Colón
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.