Museum
Galicia Contemporary Art Center
Santiago de Compostela · A Coruña · 1993
O Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC é un centro con sede en Santiago que ten como fin fomentar a cultura en Galiza mediante a exhibición, deleite e coñecemento das tendencias e correntes da creación artística contemporánea.
Institución
O CGAC creouse ao amparo competencial do artigo 27.19º do Estatuto de Autonomía para Galiza e mediante o Decreto 308/1989. Foi inaugurado no ano 1993, cunha exposición antolóxica de Maruxa Mallo, e ten programación estable dende 1995. Ten como obxectivos e funcións principais os seguintes: Promover o coñecemento e o acceso do público á arte contemporánea. Garantir a protección, conservación e restauración das obras artísticas que o integran. Exhibir coleccións para a súa contemplación e estudo. Desenvolver programas de exposicións temporais de arte contemporánea. Fomentar o acceso ás coleccións dos visitantes. Configurar un fondo bibliográfico e documental. Desenvolver as actividades didácticas respecto ós seus contidos. Estudo e ditames técnicos que lles sexan requiridos. Formación e perfeccionamento de persoal especializado en arte contemporánea. Desenvolve-los programas de investigación e elaborar e publicar catálogos e monografías. Establecer relacións de cooperación e colaboración con outras institucións. Desenvolver accións conxuntas con outras entidades. A súa colección de arte contemporánea está composta polos fondos da Xunta de Galiza, polos fondos que adquiriu o propio centro, e os procedentes de depósitos ou doazóns. Destaca a súa inclusión de obras de artistas galegos en continuo diálogo coa creación artística do resto do estado e a do ámbito internacional. Na actualidade a súa regulamentación está dirixida polo seguintes órganos reitores: O padroado. A dirección do Centro. A xerencia. A Dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea foi exercida dende a súa fundación polas seguintes persoas: Antón Pulido Novoa dende 1993 a 1994. Gloria Moure Cao dende 1994 a 1998. Miguel Fernández-Cid Enríquez dende 1998 a 2005. Manuel Olveira Paz dende novembro de 2005 a xuño de 2009. Miguel Von Hafe Pérez, dende novembro de 2009 a decembro de 2014. Santiago B. Olmo García, dende xullo de 2015 a 2026. Eva López Tarrío, dende maio de 2026. Pertence na actualidade á estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galiza. O seu horario de apertura é de martes a domingo de 11 horas a 20 horas. O enderezo Rúa Valle Inclán, s/n 15706 Santiago de Compostela. Teléfono de contacto: 981 54 66 29. O prezo de entrada é gratuíto.
Edificio
Atópase no límite da cidade monumental de Santiago de Compostela, nun espazo no que comparte veciñanza do convento de San Domingos de Bonaval, onde se atopa o Panteón de Galegos Ilustres e o Museo do Pobo Galego. Tamén a recuperación do parque de San Domingos no espazo contiguo ó Centro Galego de Arte Contemporánea, respecta a distribución da antiga horta do convento, coa sucesión de socalcos, solución galaica ó aproveitamento do desnivel do terreo para a utilización agrícola. Deseñado polo arquitecto portugués Álvaro Siza Vieira (Matosinhos, 1933), veu resolver a posta en valor dunha parte de Santiago de Compostela. Ten varias salas de exposicións permanentes e temporais, obradoiros, auditorio, biblioteca, cafetaría como de uso público, e a zona de despachos de uso dos servizos administrativos do Centro. Salientar a sala denominada "dobre espazo", entre a planta baixa e a planta de exposición permanente, o seu vestíbulo de recepción e distribución, a terraza etcétera. Os materiais empregados na construción respectan os propios e definitorios da cidade de Santiago de Compostela, pedra e cristal nas fachadas, e no interior mármore e madeira.
Colección
Dende a fundación do museo nos anos 90 o museo foi adquirindo obra de artistas centrándose dende a segunda metade o s. XX ata a actualidade. Dentro da colección podemos atopar a artistas internacionais como; Ianis Kounelis, Andy Warhol, Joseph Beuys, Eva Lootz, Dan Graham, Mimmo Paladino, Keith Haring, Christo, Christian Boltanski, Tacita Dean ou Aleksandr Sokurov.…
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Getting there
Opening hours Mo off · Tu-Su 11:00-20:00
Admission Free
Wheelchair Yes
Phone +34 981 54 66 19
Chegar en bus
- Avda. de Xoán XXIIIa 553 mCarballo E.A.-Santiago E.I. · Baio-Santiago E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · O Foxo-Santiago E.I. · Camariñas-Santiago E.I. · Vimianzo-Santiago E.I.
- Avda. de Xoán XXIIIa 565 mCarballo E.A.-Santiago E.I. · BAIO-SANTIAGO E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · CAMARIÑAS-SANTIAGO E.I. · Carballo E.A.-Santiago (por San Caetano) · VIMIANZO-SANTIAGO E.I.
- SAN CAETANOa 788 mA Coruña-Ordes-Santiago · Villarromariz - Santiago de Compostela - Villarromariz · Porto Avieira - Santiago de Compostela · Carballo E.A.-Santiago E.I. · Baio-Santiago E.I. · Ponte Carreira - Frades - Santiago de Compostela
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Nearby
- Cathedral of Santiago de CompostelaCathedral
- Church of Santa María la Real del SarCathedral
- Pazo de San Lourenzo, SantiagoMonastery
- Monastery of Saint Pelagius of AntealtaresMonastery
- San Martiño Pinario monasteryMonastery
- Monastery of San Francisco do Val de DeusMonastery
- Pazo do EspiñoPazo
- Pazo dos Condes de XimondePazo