Dolmen
Círculo Lítico da Roda
Reinante · Barreiros · Lugo

Photo: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗
Dolmen in Reinante (Barreiros, Lugo), 122 m above sea level, 7.6 km from Foz.
O henge de Roda, coñecido como A roda de Barreiros, é unha estrutura megalítica situada na aldea de Roda (San Pedro de Benquerencia, Barreiros). Foi a primeira estrutura henge, localizada na península ibérica e foi descuberta en 2006 durante a construción da A-8, que tivo que variar o seu trazado para salvagardalo.
Descrición
A Roda é un círculo lítico (henge) duns 50 metros de diámetro, duns 3 700 anos de antigüidade. Os restos do henge están situados nunha chaira na baixada do monte, unha zona que controla visualmente a zona. Esta construción consta dun foxo exterior de entre tres e catro metros de diámetro e un metro de profundidade. O círculo está formado por dous muros de pedra, entre os cales se depositou terra do foxo, formando así o parapeto. Tería no punto máis alto probablemente os tres metros. Consérvase a zona de entrada, de entre metro e medio e dous metros, orientada ao noroeste. Xunto á entrada hai unha pedra que podería ser un dos menhires que delimitaban o acceso. O círculo exterior son pedras de menos dun metro de lonxitude cunha das caras planas. O círculo interior son pedras sen traballar que formarían un muro. Dentro do círculo hai varias pedras de algo máis dun metro de longo que poderían ter formado outro círculo.
Outros artigos
Henge Megalitismo en Galicia
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
Period Bronze Age
What it is Megalith
Also known as Henge da Roda · Castro da Roda
Elevation here ≈ 122 m · Terrain Tiles
Nearest town Foz, 7.6 km away
People in the municipality 3,038 (2025) · IGE
Getting there by bus
- Reinante (cruzamento)461 m awayCEIP San Miguel de Reinante Barreiros-Reinante (foro) · CEIP de San Cosme-Vilar II · CEIP San Miguel de Reinante Barreiros-Reinante (foro)
- FIALATO479 m awayCEIP San Miguel de Reinante Barreiros-Reinante (foro) · CEIP de San Cosme-Vilar II · CEIP San Miguel de Reinante Barreiros-Reinante (foro)
- BARREIRO560 m awayRibadeo E.A.-Vilar (marquesiña) · Ribadeo E.A.-Vilar (marquesiña)
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

