Pazo (Galician manor)

Santiago de Alfeo University College

Santiago de Compostela · A Coruña · 1522

Santiago de Alfeo University College, pazo (galician manor) en Santiago de Compostela

Photo: LIMIARculturalocal · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗

Building in Santiago de Compostela, 254 m above sea level, 54 m from the Caminho Português de Santiago.

O Colexio de Santiago Alfeo ou Colexio Novo, coñecido na actualidade maioritariamente como Colexio de Fonseca (e como pazo de Fonseca ao edificio que o albergaba), foi un Colexio Maior, xerme da Universidade de Santiago de Compostela, fundado polo arcebispo Alonso III de Fonseca en 1526. O edificio segue formando parte da Universidade; é a sede da Biblioteca Xeral, e tamén alberga, no antigo refectorio e na capela, a ambos os lados do vestíbulo, salas de exposicións temporais.

Historia

Orixes

A finais do século XV Lopo Gómez de Marzoa, membro do Concello de Santiago promoveu a creación na cidade dun Colexio de Estudantes Pobres, motivo polo cal se dirixiu ao abade do bieito mosteiro de San Martiño Pinario frei Juan de Melgar na procura do seu apoio. Deste xeito, o 4 de setembro de 1495 outorgáronse as escrituras de doazón nas que se fixaron as contribucións económicas que debían as partes para a fundación. Os de San Martiño doaron como sé o Convento de San Paio de Antealtares, agás a igrexa, e o notario doou bens por un valor total de 50.000 marabedís de renda anual. Este estudio de San Paio tivo unha vida moi curta, xa que o 18 de xullo de 1499 os relixiosos, en capítulo presidido polo prior xeral e reformador xeral da orde de San Bieito para o Reino de Galicia, acordaron anular o contrato e instalar en San Paio ás monxas bieitas de Galicia.

O Estudio Vello

O 17 de xullo de 1501 de novo Lopo Gómez de Marzoa, xunto con Diego de Muros II, bispo das Canarias, e Diego de Muros III, deán de Santiago, fixeron unha segunda fundación, na que configuraron un Estudio Xeral coa súa propia normativa e a súa sé nunha casa da Rúa Nova onde se impartiron clases de Gramática e Cánones. En 1504 unha bula do papa Xulio II confirma a fundación de dito estudio.

Fundación polo arcebispo Alonso III de Fonseca

En 1522 o arcebispo de Santiago Alonso III de Fonseca comeza a xestionar a creación dun Colexio Novo, ao que denominaría Colexio de Santiago Alfeo. Fonseca conseguiu que o papa Clemente VII aprobara, mediante bula outorgada o 15 de marzo de 1526, a fundación do Colexio, na que se autorizaba a construír un colexio novo ou ampliar o existente Estudio Vello, que quedou englobado no Novo, ao que se lle anexionaron as rendas, e a establecer as ensinanzas de Artes, Teoloxía e Dereito, e outorgándolle os mesmos privilexios que o colexio fundado polo Cardeal Cisneros en Alcalá de Henares. Nacía así a Universidade de Santiago. O terceiro dos Fonseca fixou o proxecto do novo Colexio no seu testamento de 1531, incluíndo a dotación os executores e o proxecto de construción, pero á súa morte, no ano 1534, en Alcalá de Henares aínda non se puxera en marcha. Nos anos 1551 e 1552 algúns testamenteiros reuníronse co patrón do Colexio, Alonso de Zúñiga e Acevedo Fonseca conde de Monterrei e sobriño do arcebispo Fonseca III, co obxecto de poñer en marcha o colexio. O edificio xa estaba feito pero carecían da normativa organizativa, polo que chegaron a valorar a entrega da institución aos xesuítas para que fosen eles os que a organizaran. Finalmente, o 25 de outubro de 1553 promulgáronse as primeiras ordenanzas, pero estas non chegaron a aplicarse. Xa había tempo que o Colexio de Santiago Alfeo estaba construído nos terreos doados polo propio Fonseca do soar familiar da Rúa do Franco.

As reformas de Cuesta e Portocarrero

As liortas entre os partidarios de entregar a institución aos xesuítas, principalmente o arcebispo Xoán Álvarez de Toledo, e os testamenteiros, fixo que o cabido recorrese á arbitraxe de Filipe II. Este, por medio da provisión real do 26 de xuño de 1555, encomendoulle ao doutor Andrés Cuesta o estudo e reorganización do colexio. Seguindo a encomenda organizou o Colexio de Santiago Alfeo diferenciándoo da propia Universidade. Só os colexiais do devandito colexio podían obter os graos académicos tendo que esperar a consolidación definitiva até o 10 de decembro de 1567, cando o Consello Real estableceu as graduacións da Universidade de Santiago de Compostela. A Coroa foi desde entón o principal patrón da institución.…

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Colexio maior · Pazo

Style Arquitectura renacentista española

Made by Juan de Álava

Founded by Alonso III de Fonseca

Part of Camiño de Santiago francés na provincia da Coruña · Universidade de Santiago de Compostela

Also known as Colexio Novo · Colexio de Santiago Alfeo · Palacio de Fonseca · Pazo de Fonseca · Colegio de Santiago Alfeo

Protected as Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade · Ben de Interese Cultural

Elevation here ≈ 254 m · Terrain Tiles

Nearest town Santiago de Compostela, 117 m away

Way of St James Caminho Português de Santiago, 54 m away

People in the municipality 100,842 (2025) · IGE

See on the mapRead on WikipediaDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby