Pazo

Pazo de Vaamonde, Santiago de Compostela

Santiago de Compostela · A Coruña

Pazo de Vaamonde, Santiago de Compostela

A Casa-pazo de Vaamonde ou pazo de Vaamonde é un pazo urbano construído no século XVIII en Santiago de Compostela. Na actualidade acolle o Consorcio de Santiago. == Localización == A casa áchase na zona vella de Santiago de Compostela, no cantón entre a rúa do Vilar número 59 e a calella de Entrerrúas, a máis estreita da vila. == Descrición == O edificio foi ergueito no século XVIII e curiosamente sobresae do aliñamento das casas acaroadas da rúa. Está formado pola planta terrea, con soportais de arcos de volta perfecta e dous andares, o segundo con balcón. Na fachada do primeiro andar, entre as fiestras salienta un grande escudo. Tamén é de salientar o petador da porta, obra do escultor Francisco Asorey, e tamén a rechamadeira cristaleira da porta interior. No interior atópase unha escaleira principal cunha escultura en madeira realizada polo escultor J. Rivas o 25 de xullo de 1932. Subindo para da escaleira principal hai unha escaleira de servizo máis sinxela e estreita. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén ==

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

See on the mapRead on WikipediaDirections

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Nearby