Convent
Convento do Carme de Arriba
Santiago de Compostela · A Coruña
Photo: Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga Commons)(Lmbuga Galipedia) · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Convent in Santiago de Compostela, 285 m above sea level, 53 m from the Camiño Inglés.
O convento do Carme de Arriba, tamén coñecido como convento de Nosa Señora do Monte Carmelo, en Santiago de Compostela, é un convento de mediados do século XVIII. Foi o primeiro da orde das Carmelitas Descalzas en Galicia.
Historia
Fundouno en 1748 a madre María Antonia de Xesús (1700-1760), sobre uns predios pertencentes aos condes de Priegue. O mosteiro, moi sinxelo e de solidez granítica, foi construído baixo a dirección dos irmáns tracistas da Orde, os carmelitas José de los Santos e José del Espíritu Santo. Atópase na confluencia das rúas dos Loureiros e de Santa Clara.
Construción
A fachada da Igrexa é de aspecto macizo, de gran sinxeleza e liñas depuradas, realizada en cadeirado de granito, e rematada cun frontón triangular. Baixo o frontón, resgardada por un nicho, hai unha escultura da Virxe do Carme, obra atribuída ao escultor Xosé Gambino (1719-1775). A planta da igrexa é de cruz latina, dunha soa nave e de estilo neoclásico. É notable a lonxitude das pilastras que sosteñen a bóveda. O interior é continuación da sinxeleza anunciada no exterior. O retablo maior, do século XIX, é de tendencia neoclásica. O altar maior está presidido por unha imaxe da Virxe do Carme, obra do escultor Fabeiro, da escola compostelá. De Xosé Ferreiro, insigne escultor, son as imaxes de santa Teresa e san Xoán da Cruz que ocupan os altares laterais. Nos ángulos da ábsida hai dúas capelas, unha coa imaxe de san Xosé, obra tamén de Ferreiro, e na outra capela un grupo escultórico do Descendemento da Cruz, de autor descoñecido. Xunto á parede do lado esquerdo (dita "do Evanxeo") da capela maior hai un coro baixo, para uso común, e o comungatorio onde as freiras reciben a comuñón. O coro alto, situado no último tramo da nave, é usado para celebracións máis solemnes. No convento viven actualmente 20 freiras carmelitas (a regra de Santa Teresa non permite máis ca 21 relixiosas en cada convento). Alén da vida contemplativa e dos ensaios musicais para as misas, as freiras ocúpanse de traballos domésticos, incluíndo coidar da horta e do galiñeiro, a fabricación de hostias para as igrexas da cidade e aínda a manufactura de obxectos litúrxicos para fóra, como rosarios e escapularios.
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Convento
Dedicated to Catholic
Part of Camiño de Santiago francés na provincia da Coruña · Camiño inglés
Protected as Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Elevation here ≈ 285 m · Terrain Tiles
Nearest town Santiago de Compostela, 650 m away
Way of St James Camiño Inglés, 53 m away
People in the municipality 100,842 (2025) · IGE
Getting there by bus
- Avda. de Xoán XXIII201 m awayCarballo E.A.-Santiago E.I. · Baio-Santiago E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · O Foxo-Santiago E.I. · Camariñas-Santiago E.I. · Vimianzo-Santiago E.I.
- Avda. de Xoán XXIII212 m awayCarballo E.A.-Santiago E.I. · BAIO-SANTIAGO E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · CAMARIÑAS-SANTIAGO E.I. · Carballo E.A.-Santiago (por San Caetano) · VIMIANZO-SANTIAGO E.I.
- San Caetano (igrexa)686 m awayO Foxo-Santiago E.I. · Carballo E.A.-Santiago (por San Caetano) · Carballo E.A.-Santiago (por San Caetano) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · A Laracha (concello)-Santiago E.I.
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
Nearby
Cathedral of Santiago de CompostelaCathedral
Church of Santa María la Real del SarCathedral
Pazo de San Lourenzo, SantiagoMonastery
Monastery of Saint Pelagius of AntealtaresMonastery
San Martiño Pinario monasteryMonastery
Monastery of San Francisco do Val de DeusMonastery
Pazo do EspiñoPazo (Galician manor)
Pazo dos Condes de XimondePazo (Galician manor)