Cruceiro (stone wayside cross)
Cruceiro do Home Santo
Santiago de Compostela · A Coruña
Photo: Lameiro · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Stone cross in Santiago de Compostela, 270 m above sea level, 29 m from the Camiño Francés.
O cruceiro do Home Santo, tamén chamado de Bonaval ou de Sabugueira, en Santiago de Compostela, lembra a morte de Xan Tuorum, segundo algúns autores, como Bernardo Barreiro, ou a peregrinación a Santiago de Vicente Ferrer en 1412, segundo outros, como o historiador Antonio López Ferreiro. Para autores como Castelao, Ángel del Castillo ou Clodio González Pérez é "un dos máis sobranceiros" de Galicia.
Descrición
Trátase dun cruceiro moi complexo, no que se representan trece figuras. Levántase sobre catro chanzos e un pedestal, aínda que todos estes elementos, máis o fuste, cuadrangular na parte inferior e octogonal no resto, son modernos e soamente a cruz é de factura gótica, orixinal, e xa moi erosionada, o que explica as discrepancias á hora de identificar as figuras. Atópase na praza da Porta do Camiño, ante a entrada do Camiño Francés á muralla de Santiago. Na cruz destacan os extremos dos brazos, moi elaborados, de tipo florenzado ou pometeado. No anverso da cruz represéntase a Cristo baixo un dosel con arquiños trilobulados, crucificado con tres cravos e flanqueado pola Virxe e San Xoán. Debaixo, e de menor tamaño, está o apóstolo Santiago, vestido de peregrino, co báculo e escarcela, acompañado polos seus discípulos Teodoro e Anastasio (segundo Arribas Arias); Carmen Manso identifica estas dúas últimas figuras con dous peregrinos axeonllados. No reverso represéntase á Virxe, tamén baixo dosel, de pé e co Meniño no colo. Está flanqueada polas figuras de San Pedro e San Paulo (segundo Arribas Arias) ou por Santa Catarina e outra santa sen atributos que a identifiquen, que podería ser María Madalena, segundo Carmen Manso. Por debaixo hai unha figura que adoita identificarse coa Virxe das Dores (Arribas Arias) ou San Domingos (Carmen Manso), flanqueada por dous anxos ou dous peregrinos axeonllados. Para Carmen Manso, a minuciosidade dos motivos florais, a talla ruda das figuras e a indumentaria do Santiago peregrino fan pensar nunha cronoloxía situada no último cuarto do século XV.
Historia
Bernardo Barreiro recolle unha lenda etiolóxica do cruceiro. Disque houbo un ferreiro (ou ferrador), chamado Xoán Tuorum, que se destacou nos enfrontamentos dos veciños de Santiago contra o arcebispo Berenguel de Landoria tras ser nomeado por Roma en 1317. As revoltas duraron ata 1320 cando, por fin, conseguiu entrar na cidade e tomar posesión do seu cargo. Os líderes do levantamento foron asasinados ou xulgados, e entre eles Xoán Tuorum, que foi condenado a morte na forca. Cando estaba a ser conducido ó patíbulo no monte Ourís ou Ouriz, pediu axuda á Virxe do Belén, cuxa imaxe estaba no camiño: pediulle que lle valera (Ven e valme) e caeu morto no momento, interpretándose que ese feito demostraba a súa inocencia ante o tribunal de xustiza, salvándose da ignominia dunha morte pública na forca. Esta axuda divina leuse como un Bon aval, e de aí o nome de Bonaval para o lugar onde acaeceu este milagre. O Xoán Tuorum foi soterrado alí mesmo e colleu sona de home santo, polo que o cruceiro que se levantou sobre a súa tumba tomou o nome de cruz do home santo; non obstante, Vicente Risco conta que os monxes de San Domingos recolleron o corpo e levantaron no lugar unha imaxe da Virxe que, engade, "está permañentemente alumeada cun farol". Antonio Neira de Mosquera describiu o cruceiro cando aínda estaba en Bonaval, e di que "tiña por peaña unha pedra en forma de ataúde, porque alí xacía o ferrador Xoán Tuorum até que os restos foron levados ao convento de Santo Domingo". Na porta de acceso ó antigo cemiterio do Convento de Bonaval, datada en 1330, pode lerse o seguinte texto: "Esta image he aquí posta por alma de Jvan Tvorum E. MCCCLXVIII".…
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Cruceiro
Dedicated to Catholic
Walls Stone
Elevation here ≈ 270 m · Terrain Tiles
Nearest town Santiago de Compostela, 541 m away
Way of St James Camiño Francés, 29 m away
People in the municipality 100,842 (2025) · IGE
Getting there
Address Praza da Porta do Camiño
Getting there by bus
- Avda. de Xoán XXIII595 m awayCarballo E.A.-Santiago E.I. · Baio-Santiago E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · O Foxo-Santiago E.I. · Camariñas-Santiago E.I. · Vimianzo-Santiago E.I.
- Avda. de Xoán XXIII606 m awayCarballo E.A.-Santiago E.I. · BAIO-SANTIAGO E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · CAMARIÑAS-SANTIAGO E.I. · Carballo E.A.-Santiago (por San Caetano) · VIMIANZO-SANTIAGO E.I.
- Rúa Nova748 m awayA Graña-Rúa Nova (noitebus) · A Graña-Rúa Nova (noitebus)
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
Nearby
Cathedral of Santiago de CompostelaCathedral
Church of Santa María la Real del SarCathedral
Pazo de San Lourenzo, SantiagoMonastery
Monastery of Saint Pelagius of AntealtaresMonastery
San Martiño Pinario monasteryMonastery
Monastery of San Francisco do Val de DeusMonastery
Pazo do EspiñoPazo (Galician manor)
Pazo dos Condes de XimondePazo (Galician manor)