Hórreo (raised granary)
Hórreo do Toural
Vilaboa · Pontevedra
Photo: Estevoaei · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Hórreo (raised granary) in Vilaboa, 39 m above sea level, 979 m from the Camiño Portugués pola Costa - Moaña no Camiño.
O hórreo da casa reitoral da parroquia de Vilaboa, situado no lugar do Toural, é o meirande hórreo do concello de Vilaboa (seguido de preto pola paneira de Cobres) e, asemade, é a segunda “hórrea” de cantería sobre esteos de maior tamaño de toda Galicia logo da do mosteiro de San Xoán de Poio. Áchase dentro dun exclusivo grupo de hórreos alongados e moi anchos de ampla coxía sustentados por tríos de pés, cepas transversais ou celeiros denominados “hórreas”. Tipoloxicamente trátase dunha construción de pedra similar ao clásico hórreo tipo Morrazo.
Descrición
Data do século XVIII e posúe 36 pés organizados en tres fileiras de 12 pés, 33 vans, un corpo feito exclusivamente con pedra, unha única porta de acceso no lado oeste con frontispicio ou pinche do penal, que a diferencia doutros edificios similares, e mais unha cuberta a dúas augas de tellas árabes cerámicas soportada por seis rexas tesoiras de castiñeiro. Os esteos están rematados en tornarratos troncocónicos, o piso da cámara aparece composto por longos perpiaños, todo o perímetro da mesma áchase embelecido cunha cornixa superior de granito, e os pinchóns das fachadas están aireados por tres postes biselados lixeiramente separados, tal e como fan as pedras caladas que ventilan os costados. Ten 17,3 metros de longura, 3,4 de anchura, 4 de altura (2 na cámara) e 58,82 metros cadrados de superficie. Na fachada norte destacan dúas faces riseiras. En decembro do 2012, logo dun forte trebón, as podres trabes da fachada sur cederon, levando consigo o teito da metade do hórreo, tirando varias pilastras da parede leste e movendo as pezas de cantería da cámara. O Concello de Vilaboa contactou coa arquidiocese de Santiago de Compostela, e en 2014 comezaron as obras de restauración.
Galería de imaxes
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Hórreo
Roof Gabled · on staddle stones
Elevation here ≈ 39 m · Terrain Tiles
Nearest town A Calle, 3.2 km away
Way of St James Camiño Portugués pola Costa - Moaña no Camiño, 979 m away
People in the municipality 5,860 (2025) · IGE
Getting there by bus
- O Toural205 m awayPontevedra E.A.-Cangas de Morrazo E.A. (por Vilaboa) · CPI do Toural-Cacheiro (capela) · Pontevedra E.A.-Rúa Ramón Cabanillas · IES Soutomaior-Santradán · CPI do Toural-Cacheiro (capela) · IES Soutomaior-Santradán
- O Toural225 m awayPontevedra E.A.-Cangas de Morrazo E.A. (por Vilaboa) · Pontevedra E.A.-Rúa Ramón Cabanillas
- CPI do Toural401 m awayCPI do Toural-Cacheiro (capela) · CPI do Toural-Cacheiro (capela)
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
