Church building
Church of San Fiz de Solovio
Santiago de Compostela · A Coruña
Photo: José Antonio Gil Martínez · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Church in Santiago de Compostela, 271 m above sea level, 56 m from the Caminho da Geira e dos Arrieiros.
A igrexa de San Fiz de Solovio é un templo relixioso situado no centro da cidade de Santiago de Compostela. Ten a sona de se-la igrexa máis antiga da cidade, aínda que foi derruída, reconstruída e sometida a diferentes reformas e ampliacións posteriores ó longo de oito séculos. Está dedicada a San Fiz. Dende 2025, a igrexa española reformada episcopal úsaa na celebración dos seus ritos relixiosos para peregrinos da comuñón anglicana, grazas ao acordo firmado coa arquidocese católica de Santiago de Compostela.
Historia e características
Foi construída no século X polo bispo Sisnando II, e derrubada por Almanzor en 997, para ser reconstruída no século XII polo bispo Xelmírez. Da fábrica románica conserva unicamente a portada e, no seu tímpano, un relevo que representa a Epifanía, datado en 1316 e no que se observan claros restos de policromía, aínda que non é a orixinal. No centro aparece a imaxe da Virxe co Neno sentado no colo; á dereita vense os Reis Magos, e á esquerda a imaxe de san Xosé, apoiado nun caxato, e de Xoán Debe, o doante da obra, axeonllado ante a Virxe. O nome e a data aparecen nunha inscrición que corre no lintel da porta. No século XVII engádenselle novas capelas e, xa no XVIII, o arquitecto santiagués Simón Rodríguez procede a unha ampliación, con dúas naves novas e mailo campanario barroco. No muro norte do presbiterio consérvase un sartego coa efixie xacente do cardeal Lopo González de Carballido, do século XVI. O retablo principal é de estilo barroco. Conta a tradición que o eremita Paio se atopaba aquí rezando cando viu as luces que sinalaban o lugar onde se agochaban os restos do apóstolo Santiago. No libro V do Códice Calixtino, onde se describe a cidade de Santiago, relaciónanse as dez igrexas que había daquela en Santiago. En sétimo aparece citada a de San Fiz:
Localización
Segundo a lenda cristiá, no lugar onde se ergue a igrexa moraba o ermitán Paio, descubridor do sepulcro do apóstolo Santiago a principios do VIII. A xulgar polas tumbas escavadas na rocha que se atoparon no adro da actual igrexa, de clara tipoloxía altomedieval, a área de San Fiz de Solovio debeu de ser a única zona habitada da actual Compostela tralo abandono da área próxima á catedral ao longo do século V. Recuperada a área da catedral co descubrimento da tumba do apóstolo, Solovio quedou fóra do recinto inicial do Locus Sancti Iacobii. No século XI, coa muralla edificada por orde do bispo Cresconio, incorporouse á cidade.
Belén tradicional
Cada Nadal, o interior do templo acolle un belén cedido e montado por José Uzal, coa colaboración do Colexio Maior de Santo Agostiño e mais do Arcebispado de Santiago de Compostela.
Galería de imaxes
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Church
Dedicated to Fiz de Xirona
Part of Camiño de Santiago francés na provincia da Coruña
Protected as Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Elevation here ≈ 271 m · Terrain Tiles
Nearest town Santiago de Compostela, 361 m away
Way of St James Caminho da Geira e dos Arrieiros, 56 m away
People in the municipality 100,842 (2025) · IGE
Getting there by bus
- Rúa Nova447 m awayA Graña-Rúa Nova (noitebus) · A Graña-Rúa Nova (noitebus)
- IES DO SAR715 m awayAs Hortas-Santiago E.I. · As Hortas-Santiago E.I. · Merés (cruzamento)-Santiago E.I. · Merés (cruzamento)-Santiago E.I. · Touro-Cimadevila-Santiago E.I. · Touro-CIMADEVILA-SANTIAGO E.I.
- ALAMEDA811 m awayBuxán-Bembibre-Portomouro-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Buxán-Bembibre-Portomouro-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · A Laracha (concello)-Santiago E.I. · A Laracha (concello)-Santiago E.I.
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
Nearby
Cathedral of Santiago de CompostelaCathedral
Church of Santa María la Real del SarCathedral
Pazo de San Lourenzo, SantiagoMonastery
Monastery of Saint Pelagius of AntealtaresMonastery
San Martiño Pinario monasteryMonastery
Monastery of San Francisco do Val de DeusMonastery
Pazo do EspiñoPazo (Galician manor)
Pazo dos Condes de XimondePazo (Galician manor)