Church building
Igrexa de Santa María de Mixós
Estevesiños · Monterrei · Ourense
Photo: Jose Antonio Gil Martínez. FREECAT from Vigo · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Cultural property in Monterrei, Spain, 410 m above sea level, 1.4 km from the Camiño Xabrés por Verín.
A igrexa de Santa María de Mixós é un templo relixioso prerrománico, situado no lugar de Mixós, na parroquia de Estevesiños (Monterrei). O 3 de xuño de 1931 foi declarada Monumento Histórico-Artístico e é Ben de Interese Cultural.
Historia
A súa formación parece bastante temperá, pois todo indica que xurdiu á sombra dun primitivo cenobio fundado por San Martiño de Dumio no século VI. No templo actual, do século IX, empregáronse materiais anteriores. O convento de Mixós logo pasou a depender do mosteiro beneditino de Celanova. O lugar está atravesado polo camiño de Santiago, na rota da Vía da Prata que desde Verín toma por Laza. Este camiño está identificada coa vía romana que conectaba os itinerarios XVII e XVIII do itinerario de Antonino, no punto no que se cruza con outros que van cara a Vilela e Vilela de Abaixo.
Arquitectura
O templo é de planta rectangular, coa porta, de arco oxival, no muro sur. na súa orixe era de planta basilical con tres ábsidas e tres naves separadas por arcos de ferradura, conservándose o inicio do primeiro arco do lado sur da nave central. Suponse que o templo orixinal non estaba abovedado ao non se atoparen restos de contrafortes. O tellado é a dúas augas. A cabeceira é de cantería, con tres ábsidas co exterior rectangular, sobresaíndo o central. Cada ábsida ten cadansúa ventá, estreita e alongada, acabadas en arco de ferradura. As ábsidas teñen planta en forma de semicírculo prolongado, cubertas por bóvedas de ladrillo. Os altares das ábsidas norte e central están soportados por aras romanas, cunha inscrición adicada a unha deusa precristiá na da ábsida central. A ábsida central ten unha imaxe de Xesús Cristo crucificado, con restos da policromía orixinal na bóveda.
Etnografía
Vítor Vaqueiro conta, recollendo información de Taboada Chivite e Xaquín Lorenzo, que en 1960 se descubriron varias bolsiñas cheas de terra tralo altar. Procedían dun vello ritual curativo que consistía no seguinte: as persoas enfermas de febres subían ó monte onde está a igrexa e collían un pouco de terra, esta terra poñíase nunha bolsiña que levaban ó pescozo e, alcanzada a curación, agochaban a bolsa no altar da igrexa
Galería de imaxes
Outros artigos
Arquitectura prerrománica en Galicia
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Church
Style Arte prerrománica
Dedicated to Santa María
Part of Camiño de Santiago
Protected as Ben de Interese Cultural
Elevation here ≈ 410 m · Terrain Tiles
Nearest town Verín, 2.7 km away
Way of St James Camiño Xabrés por Verín, 1.4 km away
People in the municipality 2,415 (2025) · IGE
Getting there by bus
- Mixós 43126 m awayVences (centro)-Verín E.A. · Vences (centro)-Verín E.A.
- Mixós 11420 m awayVENCES (BAR VELOSO)-CEIP PRINCESA DE ESPAÑA · Vences (bar Veloso)-CEIP Princesa de España
- VILELA (MARQUESIÑA)838 m awayQueirugás (marquesiña)-Verín E.A. · Queirugás (marquesiña)-Verín E.A.
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.