Mountain
Monte Pedroso
Santiago de Compostela · A Coruña · 457 m

O monte Pedroso é un monte situado no concello de Santiago de Compostela, na parroquia de Santa María de Figueiras. == Situación == Dista tan só 3 km do casco urbano da capital galega. Accédese a el a través do Campo das Hortas e da Calzada do Carme de Abaixo. Está na marxe dereita do río Sarela. Dende o seu cumio (461 m) hai unha boa vista de Compostela e doutros montes próximos como o de Fontecova. == Historia == Da presenza humana no Pedroso desde tempos remotos dan testemuña os petróglifos preto do cumio. Na zona consérvase unha ponte medieval. Está protexido desde hai anos da construción para que ningún edificio poida competir nunca en altura nin en visibilidade coa catedral de Santiago. No cumio atópanse as antenas e instalación dos reemisores de radio e televisión. Os seus bosques foron moi castigados na vaga de incendios do verán de 2006. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == Montes de Galiza
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Nearby
- Cathedral of Santiago de CompostelaCathedral
- Church of Santa María la Real del SarCathedral
- Pazo de San Lourenzo, SantiagoMonastery
- Monastery of Saint Pelagius of AntealtaresMonastery
- San Martiño Pinario monasteryMonastery
- Monastery of San Francisco do Val de DeusMonastery
- Pazo do EspiñoPazo
- Pazo dos Condes de XimondePazo