Museum
Museum of the Cathedral of Santiago de Compostela
Santiago de Compostela · A Coruña · 1928
Photo: P.Lameiro · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Museum in Santiago de Compostela, Spain, 259 m above sea level, 33 m from the Camiño Xabrés.
O Museo da Catedral de Santiago de Compostela é unha institución que acolle e expón diversas obras artísticas e arqueolóxicas, propiedade da sé compostelá, que abarcan desde a época romana até a actualidade. Foi creado co obxectivo de conservar e expoñer ó público obxectos litúrxicos en desuso, doazóns de peregrinos nobres e os diferentes restos arqueolóxicos que se ían descubrindo nas diferentes intervencións na catedral e a súa contorna. Entre os seus fondos hai mostras arqueolóxicas, pintura, escultura, ourivería, tapices, alfombras, roupa litúrxica, cerámica e mobiliario. Foi fundado en 1928. Unha inscrición a lapis nun dos bancos do museo recolle a data de creación, 11 de xullo de 1928; o impulsor, o fabriqueiro Robustiano Sández; e o construtor, José Lerramendi Rey. O museo localízase na mesma catedral, distribuído en diversos espazos, con diferente situación dentro da fábrica catedralicia. A cripta, tamén coñecida como catedral vella (aínda que nunca cumpriu tal función), foi unha obra comezada antes da intervención do mestre Mateu, aínda que foi este quen a rematou como paso previo á construción do Pórtico. O Tesouro catedralicio exponse na capela de san Fernando, de estilo gótico, que ata 1677 foi capela de Reliquias. Na catedral románica levantouse tamén un claustro, ó sur da nave principal, cuxo comezo se data en 1124 e que é rematado a mediados do XIII, baixo a iniciativa do arcebispo Xoán Arias.
Espazos do museo
O museo localízase na mesma catedral, distribuído en diversos espazos, con diferente situación dentro da fábrica catedralicia: Museo propiamente dito, con acceso desde o lado meridional da praza do Obradoiro. Cripta do Pórtico da Gloria, accédese pola escalinata de ingreso á catedral, na mesma praza indicada. Tesouro e Panteón Real, actualmente pódese visitar desde a entrada ao museo-claustro. Co tempo, engadíronse ó museo o claustro e o pazo de Xelmírez.
Museo
Contén varias salas distribuídas en catro plantas. Conta con exposición de obxectos da época romana, medieval até o XVIII. A planta baixa está dedicada ás orixes da catedral. Entre as obras expostas destacan algunhas pezas da antiga portada de Praterías, a reconstrución do coro catedralicio do mestre Mateu e do vello rosetón da portada occidental, e distintos elementos da antiga catedral románica e dos enterramentos que acollía (como a lauda de Aroaldo), así como os escasos restos das basílicas precedentes. Tamén o baleirado en xeso dos capiteis fundacionais que sitúan no tempo o inicio da construción da catedral. Na primeira planta expóñense obras de entre o século XIII e o XVIII, entre as que destacan relevos e esculturas en pedra e madeira de distintas épocas e autores, como os de Gregorio Español, táboas maneiristas de Juan Bautista Celma, o retablo da Transfiguración de Cristo de Xosé Ferreiro, un Santiago Peregrino de Gambino etc. A segunda planta está destinada ó Tesouro Catedralicio, a capela das Reliquias e o Panteón, e mais a Biblioteca. Destas salas falarase máis adiante. A terceira planta acolle a colección de tapices, uns da escola flamenga de diversas épocas (de Rubens, o seu discípulo Van Thulden e David Teniers), e outros realizados sobre cartóns de Goya e de José del Castillo, con escenas costumistas. Unha ampla balconada permite asomarse á praza do Obradoiro. Os doce tapices de Francisco de Goya foron legados á catedral en 1814 por Pedro Acuña y Malvar. Estes tapices foran realizados na Real Fábrica de Tapices de Santa Bárbara por encargo do rei Carlos III de España para os Reais Sitios de El Pardo entre os anos 1776 e 1780. <galley mode="packed"A |Ficheiro:Interior do museo da Catedral de Santiago.jpg|Unha das salas do museo. |Ficheiro:Gallaecia petrea 02-80a.JPG|Detalle dun fuste entorchado procedente da Porta Francíxena ou do Paraíso. |Ficheiro:Gallaecia petrea 02-80b.JPG| |Ficheiro:Gallaecia petrea 02-80c.JPG| |Ficheiro:Gallaecia petrea 02-80d.JPG| |Ficheiro:Gallaecia petrea 02-26a.JPG|Estela funeraria de San Vicente de Fisteus (A Coruña). </gallery> === Cripta ===…
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Museo
Part of Catedral de Santiago de Compostela
Elevation here ≈ 259 m · Terrain Tiles
Nearest town Santiago de Compostela, 64 m away
Way of St James Camiño Xabrés, 33 m away
People in the municipality 100,842 (2025) · IGE
Getting there
Opening hours Mo-Su 10:00-20:00
Admission Paid
Wheelchair No
Address Catedral de Santiago de Compostela. Praza das Praterías, s/n
Getting there by bus
- Rúa Nova321 m awayA Graña-Rúa Nova (noitebus) · A Graña-Rúa Nova (noitebus)
- ALAMEDA643 m awayBuxán-Bembibre-Portomouro-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Buxán-Bembibre-Portomouro-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · A Laracha (concello)-Santiago E.I. · A Laracha (concello)-Santiago E.I.
- Avda. de Xoán XXIII790 m awayCarballo E.A.-Santiago E.I. · Baio-Santiago E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · O Foxo-Santiago E.I. · Camariñas-Santiago E.I. · Vimianzo-Santiago E.I.
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
Nearby
Cathedral of Santiago de CompostelaCathedral
Church of Santa María la Real del SarCathedral
Pazo de San Lourenzo, SantiagoMonastery
Monastery of Saint Pelagius of AntealtaresMonastery
San Martiño Pinario monasteryMonastery
Monastery of San Francisco do Val de DeusMonastery
Pazo do EspiñoPazo (Galician manor)
Pazo dos Condes de XimondePazo (Galician manor)