Museum
Museum of the Galician People
Santiago de Compostela · A Coruña · 1977
Photo: The original uploader was Lansbricae at Galician Wikipedia. · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Museum about galician traditional culture ., 275 m above sea level, 84 m from the Camiño Francés.
O Museo do Pobo Galego abriu as súas primeiras portas no ano 1977 no antigo Convento de San Domingos de Bonaval, na cidade de Santiago de Compostela, no lugar coñecido comunmente como Porta do Camiño. O museo está dentro do mesmo edificio que o Panteón de Galegos Ilustres e a escasos metros do CGAC co que comparte ás antigas hortas do convento convertidas por Álvaro Siza e Isabel Aguirre en parque público na década de 1990.
Historia
O Museo do Pobo Galego constitúese como un organismo ó servizo da comunidade e séntese comprometido na salvagarda dunhas tradicións e costumes que normalmente foron esquecidas ou relegadas da historia oficial, pero que son precisamente onde un pobo atopa as pegadas da súa identidade. En virtude do que antecede, a Xunta de Galicia por decreto 111/1993 de 22 de maio, recoñeceu ó Museo do Pobo Galego como "centro sintetizador dos museos e coleccións antropolóxicas de Galicia", considerando que "non só actúa de feito como referente e estímulo para a creación doutros museos e coleccións de carácter semellante en toda Galicia, senón que pode ser considerado como esa cabeceira espiritual e simbólica da rede de museos antropolóxicos de Galicia". O Museo ten salas permanentes: Sala do mar, Sala dos oficios, Sala do campo, Sala da música, Sala da indumentaria, Sala da olaría, Sala do tecido, Sala da cestaría, Sala da arquitectura, Sala da sociedade memoria e tradición e recentemente a Sala da Historia de Galicia que ofrecen unha visión sintética da sociedade galega tradicional, un compendio da diversidade de Galicia, que sirva como referencia para a avaliación das distintas manifestacións dentro do conxunto e para impulsar o interese polo coñecemento directo e a procura de alternativas de futuro. Dispón así mesmo de espazos de exposición temporal, dun auditorio e dos servizos museísticos de Biblioteca, Videoteca, Arquivo Gráfico e sonoro, Administración e Departamento de Educación e Acción Cultural. Foille outorgado no ano 2008 o Premio Nacional de Cultura tradicional e de base, un dos premios que integran os Premios Nacionais da Cultura Galega. En 2023 foi Premio Rosalía de Castro de Lingua. Directores Antonio Fraguas Fraguas (1977-1999) Manuel Carlos García Martínez (1999-2018) Manuel Vilar Álvarez (2019-2024) Lois Ladra (2024- )
A colección
A colección do museo ten actualmente mais de 11500 entradas divididas en tres grandes áreas: Arte, Etnografía e Arqueoloxía.
Arte
A sección de pintura inclúe obras desde o século XVI ata o XX e recolle a moitos dos pintores máis destacados de Galicia como Gregorio Ferro, Dionisio Fierros, Ovidio Murguía, Román Navarro, Fernando Álvarez Sotomayor ou Xesús Corredoyra. Acontece o mesmo coa parte de escultura na que se fai un percorrido partindo do románico e chegando o século XX con obras de José María Acuña ou Francisco Asorey. Tamén posúe unha sección de artes decorativas de marcado carácter relixioso.
Etnografía
É a parte máis ampla do museo e fai un percorrido por moitos dos usos e oficios galegos. Ten 13 apartados que inclúen a gandaría, a pesca, o transporte, a indumentaria ou os xoguetes.
Arqueoloxía
A colección posúe obxectos que van dende o neolítico ata a diferentes elementos relacionados coa romanización.
Galería de imaxes
Outros artigos
Convento de San Domingos de Bonaval Panteón de Galegos Ilustres Pobo galego
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Museo · Asociación cultural
Opened 1977
Elevation here ≈ 275 m · Terrain Tiles
Nearest town Santiago de Compostela, 610 m away
Way of St James Camiño Francés, 84 m away
People in the municipality 100,842 (2025) · IGE
Source (2025)
Getting there
Opening hours Mo off · Tu-Sa 11:00-18:00 · Su,PH 11:00-14:00
Admission Paid
Wheelchair No
Phone +34 981 58 36 20
Address Mosteiro de San Domingos de Bonaval
Getting there by bus
- Avda. de Xoán XXIII539 m awayCarballo E.A.-Santiago E.I. · Baio-Santiago E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · O Foxo-Santiago E.I. · Camariñas-Santiago E.I. · Vimianzo-Santiago E.I.
- Avda. de Xoán XXIII552 m awayCarballo E.A.-Santiago E.I. · BAIO-SANTIAGO E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · CAMARIÑAS-SANTIAGO E.I. · Carballo E.A.-Santiago (por San Caetano) · VIMIANZO-SANTIAGO E.I.
- SAN CAETANO759 m awayA Coruña-Ordes-Santiago · Villarromariz - Santiago de Compostela - Villarromariz · Porto Avieira - Santiago de Compostela · Carballo E.A.-Santiago E.I. · Baio-Santiago E.I. · Ponte Carreira - Frades - Santiago de Compostela
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
Nearby
Cathedral of Santiago de CompostelaCathedral
Church of Santa María la Real del SarCathedral
Pazo de San Lourenzo, SantiagoMonastery
Monastery of Saint Pelagius of AntealtaresMonastery
San Martiño Pinario monasteryMonastery
Monastery of San Francisco do Val de DeusMonastery
Pazo do EspiñoPazo (Galician manor)
Pazo dos Condes de XimondePazo (Galician manor)