Museum

Museo Pedagóxico de Galicia

Santiago de Compostela · A Coruña · 2000

Museo Pedagóxico de Galicia

O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) é un centro dedicado á recuperación, coidado, estudo e mostra do legado pedagóxico de Galiza. Está situado en Santiago de Compostela.

Historia

Ten como precedente un efémero museo feito na Coruña en 1926. O centro foi creado pola Xunta de Galicia por decreto o 2 de novembro de 2000, sendo Celso Currás conselleiro de Educación. Logo de catro anos de construción do edificio e procura, restauración, inventario e catalogación do material, foi inaugurado o 21 de outubro de 2004. O edificio, de baixo e dous andares, inclúe unha biblioteca-hemeroteca especializada, sala de investigación, departamento de documentación e conservación, salón de actos, patio de recreo e xogos populares, e obradoiros para nenos e nenas. A colección acolle máis de 50.000 pezas. Delas, moitas están en exposición permanente nos diferentes módulos.

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Getting there

Admission Paid

Phone +34 981 540 150

See on the mapRead on WikipediaOfficial websiteDirections

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Nearby