Pazo

Pazo de Fondevila

Santiago de Compostela · A Coruña

Pazo de Fondevila

O pazo de Fondevila é un pazo urbano situado no número 14 da rúa das Casas Reais de Santiago de Compostela, fronte da Capela de Ánimas. == Características == A impresión de nobreza austera que presenta está acentuada polo lugar onde se ergue, na rúa das Casas Reais, que debe o seu nome aos varios edificios que alí existían, onde residía o alto clero de Santiago. Na actualidade, desas casas de nobres, ademais do pazo de Fondevila, só queda o Palacio Vello do Conde de Aranda, no que funcionou a primeira oficina do notariado de España. == Historia == O pazo foi construído inicialmente en 1660 pola familia Sánchez Boado para a esposa do alcalde Pedro Varela Fondevila. Pero o seu aspecto actual débese ao arquitecto Clemente Fernández Sarela, que o reconstruíu no ano 1760. O nome do pazo débese, pois, a Pedro Varela Fondevila que, ademais de alcalde, era irmán de Xoán Varela Fondevila, bispo auxiliar da arquidiocese compostelá e cuxo corpo repousa na Catedral. A estrutura do edificio responde á típica arquitectura palaciana do barroco compostelán. É de planta rectangular e consta de tres andares. Destacan nel os seus dous balcóns, un no frontón superior, e o clásico balcón nobiliario da segunda planta. No nivel inferior hai tres posíbeis accesos ao interior do edificio. A decoración céntrase na esquina en chafrán do edificio, na que se pode ver baixo un frontón circular, un ostentoso escudo coas armas do seu primeiro propietario. Tamén é notábel o encadramento das fiestras e os balcóns voados. O pazo de Fondevila foi unha das residencias da nobreza que residía no centro histórico compostelán, de aí o propio nome da rúa na que está situado, aínda que co paso dos anos esta zona centro da cidade acabou quedando en desuso por parte da nobleza debido a que a zona se converteu en punto comercial preferente para os santiagueses. O seu último uso coñecido foi o de albergar a biblioteca da fundación dunha entidade financeira, a extinta Caja Madrid. En decembro de 2019 o grupo de restauración La Penela adquiriu o pazo co obxecto de abrir un restaurante de cociña galega neste espazo. == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Pazo de Fondevila en Facebook. Pazo de Fondevila. Web Oficial de Turismo de Santiago de Compostela y sus alrededores. Pazo de Fondevila Arquivado 04 de xuño de 2021 en Wayback Machine.. En portalviajar.com.

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

See on the mapRead on WikipediaDirections

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Nearby